Embraer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎A crise dos 90: arranxiño
m Bot: Substitución automática de texto (-turbofán +turboventilador); cambios estética
Liña 21:
}}
[[Ficheiro:Embraer 190.jpg|miniatura|Embraer 190]]
'''Embraer''', a '''Empresa Brasileira de Aeronaútica''', é unha compañía [[brasil]]eira fabricante de [[avión (medio de transporte)|aviónavións]]s. Fundouse en [[1969]] e é a terceira produtora de avións do mundo, comerciais e militares, tras [[Boeing]] e [[Airbus]].
 
Fabricou o seu primeiro avión en [[1968]] (o [[Embraer EMB 110 Bandeirante]]), foi privatizada en [[1994]] e actualmente emprega a 18.223 persoas. Ten a súa sede en [[São José dos Campos]], no interior do [[estado de São Paulo]].
Liña 32:
 
O cambio máis importante tivo lugar o [[29 de marzo]] de [[1965]], cando o IPD recibiu unha proposta para deseñar un biplano [[turbohélice]]. O proxecto adquiriu unha escala maior e acabou converténdose no IPD-6504, ou [[Embraer EMB 110 Bandeirante]], que voou por primeira vez o [[26 de outubro]] de [[1968]]. O IPD quería que o 6504 fose producido en serie, pero a falta de interese por parte das construtoras privadas impediuno, facendo evidente a necesidade de fundar unha construtora de propiedade estatal.
[[ImaxeFicheiro:VHTLH2.JPG|miniatura|[[Embraer EMB 110 Bandeirante]]]]
Finalmente, o [[29 de xullo]] de [[1969]], o Ministerio de Aeronáutica creou Embraer. Naquel momento a compañía contaba cuns 500 empregados, incluíndo aos enxeñeiros procedentes do CTA e do ITA, e planeábase construír dous Bandeirante ao mes. O enxeñeiro Ozires Silva, membro do equipo que creou o Bandeirante, converteuse no presidente da nova compañía.
 
Liña 51:
O seguinte proxecto comercial consistía nun avión [[turbohélice]] con capacidade para 19 pasaxeiros desenvolvido en asociación con FMA (actual Fábrica Argentina de Aviones - Fadea), o [[Embraer/FMA CBA 123 Vector|CBA 123 Vector]], que voou or vez primeira o [[30 de xullo]] de [[1990]]. Aínda que incluíu algunhas das tecnoloxías más avanzadas do momento, o Vector non foi aceptado polo mercado a causa do seu alto prezo, e o proxecto foi cancelado sen que se vendese ningunha unidade.
 
A finais dos 80, as inversións gobernamentais na industria aerospacial reducíronse, debido á aprobación da Constitución de 1988 que anulaba calquera tipo de axuda oficial á industria e á crecente falta de interese na área de defensa tras o fin da [[guerra fría]]. Estes feitos unidos ao fracaso do proxecto Vector e á crise na aviación provocada pola escalada do prezo do petróleo en [[1990]], fixo caer a Embraer nunha profunda crise financeira. Realizáronse importantes recortes de gastos ata [[1994]], e dos 12.600 empregados que había en [[1990]], só permaneceron 3.200. Pese a todos estes sucesos, os enxeñeiros de Embraer centráronse nun novo proxecto, un avión rexional de motores turbofánturboventilador para 45 pasaxeiros, o [[Embraer ERJ 145|ERJ 145]].
 
=== Privatización e recuperación ===