Diferenzas entre revisións de «Castro de Rei»

Na parroquia de [[Santa Locaia, Castro de Rei|Santa Locaia]] hai unha [[necrópole]] [[megalitismo|megalítica]] e o [[castro da Escrita de Santa Locaia]]. Ademais nesta parroquia hai quen asegura que o monte que agora é o Sagrado Corazón é o [[Monte Medulio]].
 
Na parroquia de [[Viladonga, Castro de Rei|Viladonga]] están o [[Castrelo de Viladonga]] e mais o [[castro de Viladonga]], exemplo de [[castro (poboado)|castro]] de ocupación tardía, e que conta cun [[Museo do Castro de Viladonga|Museo monográfico]] no que se expoñen pezas da [[cultura castrexa]] atopadas no [[sitio arqueolóxico]]. Este castro é un bo exemplo dun castro rural que seguiu habitado en época romana. O museo creado en 1983 é unha boa mostra do traballo que se debe realizar para coñecer a vida durante esa época. A importancia arqueolóxica e o interese histórico do Castro de Viladonga, así como a cantidade e calidade dos materiais aparecidos nas escavacións feitas aquí desde 1972, e a necesidade de investigalos e expoñelos fan que as excavaciónsescavacións sigan a día de hoxe e a actualización do museo tamén.
 
A vila ten tamén dúas rutas de sendeirismo, unha que vai desde o castro de Viladonga ata o campo da Feira de Castro de Rei, e outra que é a ruta da escrita, onde nas paradas da ruta podemos ler poemas e escritos de autores da zona: Manuel María, Darío Xohán Cabana ou Margarita Ledo, natural de Castro de Rei, entre moitos outros.
99.987

edicións