Fronteira: Diferenzas entre revisións

delimitación xeográfica entre dúas entidades políticas ou xurisdiccións
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: A fronteira define o límite xeografico de entidades políticas ou xurisdicionais, tales como gobernos, estados, ou tamén subdivisions administrativas de tales estados ou...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 18 de agosto de 2007 ás 22:29

A fronteira define o límite xeografico de entidades políticas ou xurisdicionais, tales como gobernos, estados, ou tamén subdivisions administrativas de tales estados ou países.

Antigamente, moitas fronteiras non estaban definidas claramente por liñas, senón por zonas neutrais chamadas "marcas" (así a "Marca Hispánica" de Carlomagno). Isto aínda se reflectía en tempos recentes nas zonas neutrais establecidas nas fronteiras de Arabia Saudí con Kuwait e Iraq (aínda que xa non existen tales zonas). A maioría dos países contan con algunha forma de control de fronteiras, de cara a restrinxir o movemento de persoas, animais e/ou mercadorías, ben para entrar ou ben (ou tamén) para saír do país. Para o cruce das fronteiras son entón necesarios pasaportes e visas (visados), ou outras formas de documento de identidade. Para a permanencia mais alá de certo tempo dentro de fronteiras de países extranxeiros, é posible que sexa necesario documentos especiais de inmigración ou permisos que autoricen tal estadía.