Sacro Imperio Romano Xermánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: arranxiño
Liña 79:
Formado en [[962]] da [[Francia Orientalis|parte oriental]] das tres en que se repartiu o reino [[Francos|franco]] de [[Carlomagno]] en [[843]] mediante o [[tratado de Verdún]], o Sacro Imperio foi a entidade predominante de Europa central durante case un milenio, até a súa disolución en [[1806]] por [[Napoleón Bonaparte|Napoleón I]].<ref>[http://www.britannica.com/EBchecked/topic/269851/Holy-Roman-Empire/10194/Additional-Reading Holy Roman Empire], ''Encyclopædia Britannica'' En liña. Consultado o 12 de xullo de 2012.</ref><ref>Joachim Ehlers: ''Natio 1.5 Deutschland und Frankreich'', en: ''Lexikon des Mittelalters'', Bd. 6, Sp. 1037&nbsp;f.</ref>
 
Á elección como emperador de [[Carlos V]] ([[28 de xuño]] de [[1519]]) ademais dos territorios alemáns e de [[Holstein]] e [[Prusia]], que con [[Riga]] chegaba até o golfo de [[Finlandia]], o Sacro Imperio comprendía [[Bohemia]], [[Moravia]] e [[Silesia]], alcanzando con [[Krajina]] as costas do [[Adriático]]; polo oeste, pertencían a el, o [[Condado de Borgoña|condado libre de Borgoña]] (ou [[Franco Condado]]) e [[Savoia (rexión histórica)|Savoia]], aos que se sumaban [[Xénova]], [[Lombardía]] e [[Toscana]] en terras italianas. Tamén estaban integrados no Imperio a maior parte dos [[Países Baixos]], coa excepción do [[Artois]] e [[Flandres]], ao oeste do [[río Escalda]]. Partindo do norte dos [[Alpes]], levaba todo un mes atravesar o territorio imperial en sentido norte-sur ou leste-oeste.<ref>{{cita libro|título= Germany and the Holy Roman Empire: Volume I: Maximilian I to the Peace of Westphalia, 1493-1648|editor= Joachim Whaley|ano=2011 |publisher=Oxford University Press|páxinas=17-20}}</ref><ref name=Gascoigne>Gascoigne, Bamber. [http://www.historyworld.net/wrldhis/plaintexthistories.asp?historyid=aa35 "History of the Holy Roman Empire"], en HistoryWorld.</ref>
 
A denominación do Sacro Imperio variou cosiderabelmente ao longo dos séculos. En [[1034]] utilizábase a fórmula ''Imperio Romano'' para referirse ás terras baixo dominio de [[Conrado II]] e non foi até [[1157]], durante o reinado de [[Federico I Barbarroxa]], en que se empezou a usar o termo ''Sacro Imperio''. Doutra banda, o uso do termo ''Emperador Romano'' facía referencia aos gobernadores das terras europeas do norte e comezou a usarse con [[Otón II]] ([[emperador]] entre 973 e 983). Os emperadores anteriores, dende [[Carlomagno]] (morto en [[814]]) até [[Otón I de Alemaña|Otón I o Grande]] (emperador entre 962 e 973), utilizaran simplemente o título de ''Imperator Augustus'' (Emperador Augusto). O termo Sacro Imperio Romano comeza a ser utilizado a partir de 1254; e o termo '''Sacro Imperio Romano Xermánico''' data de [[1512]], logo de moitas variacións nos últimos anos do [[século XV]].<ref name=Gascoigne /><ref>Martin Arbage, "Otto I", en ''Medieval Italy: An Encyclopedia'', Routledge, 2004, p. 810 [http://books.google.com/books?id=spKxJeHJgTAC&pg=PA810&dq=%22Otto+can+be+considered+the+first+ruler%22&lr=&as_drrb_is=q&as_minm_is=0&as_miny_is=&as_maxm_is=0&as_maxy_is=&as_brr=0 online]: "Otto can be considered the first ruler of the Holy Roman empire, though that term was not used until the twelfth century."</ref><ref name=Taagepera1997>{{Cita publicación periódica |autor=Rein Taagepera |título=Expansion and Contraction Patterns of Large Polities: Context for Russia |publicación=International Studies Quarterly |volume=41 |número=3 |páxinas=475–504 |data=setembro de 1997 |doi=10.1111/0020-8833.00053}}</ref><ref>[http://www.uncp.edu/home/rwb/lecture_mid_civ.htm Medieval Civilization: Lecture Notes]</ref>