Eduardo Cobián Roffignac: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Vida política: arranxiños
Liña 11:
 
[[Ficheiro:Eduardo Cobián.jpg|miniatura|200px|Eduardo Cobián, retratado por Mariano Oliver Aznar, 1911]]
O seu novo partido promoveuno en 1906 para a presidencia da Comisión de Orzamentos. Despois do período gris que para Cobián supuxo o longo goberno de [[Antonio Maura|Maura]], o [[9 de febreiro]] de [[1910]] convertiuseconverteuse en [[Ministerio de Economía e Facenda de España|ministro de Facenda]]. Nas eleccións do [[8 de maio]] de 1910, ademais de acadar a acta por Xinzo, os seus fillos Eduardo e Juan José foron elixidos por Xetafe e [[O Barco de Valdeorras]]. Pero trala súa renuncia á acta de Xinzo de Limia por resultar elixido simultaneamente por [[Santa Cruz de Tenerife]], foi designado deputado o seu secretario [[Francisco Barber Sánchez]].
 
Entre xuño e setembro de 1910 Cobián presentou diversos proxectos de reforma inspirados nas ideas do economista [[Antonio Flores de Lemus|Flores de Lemus]], como o proxecto de reforma dos [[impostos de consumos específicos]] e o aumento da tributación do azucre, que acabou atenuándose debido á presión dos produtores. Reformou a [[contribución de utilidades]] e intentou introducir un imposto persoal sobre a renda modificando o [[imposto de Cédulas]]. Se ben a maioría das súas propostas de reforma foron rexeitadas, as modificacións aprobadas proporcionaron resultados proveitosos para a [[Facenda Pública]]. Aumentou a capacidade recaudatoria da Contribución de Utilidades e avanzouse na elaboración do [[Catastro]].