Escola Dramática Galega (1978): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m Xas moveu a páxina "Escola Dramática Galega" a "Escola Dramática Galega (1978)": movo para crear homónimos
Xas (conversa | contribucións)
m elimino referencias a Escola Dramatica Galega de 1922
Liña 1:
{{Atención|1=Redacción confusa. O artigo non diferencia entre a Escola Dramática Galega de 1922 e a de 1978. Non se pode dicir que existiu desde 1978 e despois que a dirixiu Leandro Carre Alvarellos, finado en 1976.|data=xuño de 2017}}
{{sen notas}}
{{Outros homónimos|Escola Dramática Galega (homónimos)}}
A '''Escola Dramática Galega''' foi unha institución literaria que existiu entre 1978 e 1994.
 
==Historia==
Na época da Escola Dramática Galega predominaba o [[teatro independente]], un movemento dramático que abrangue as diferentes agrupación teatrais do Estado que naceran a finais dos sesenta e comezos dos setenta, e cuxo traballo se caracterizou –alén da oposición á ditadura- por unha concepción cooperativista e a procura do público non burgués. Galiza entra en contacto con este teatro independente a través do [[Teatro Circo]], quen participa en certames como único representante galego. Un dos primeiros obxectivos era configurar a identidade galega, así como a difusión da reivindicación lingüística. É este Teatro Circo o que no ano 1976 comeza a sufrir uns cambios que acabarán por concluír na Escola Dramática Galega, de xeito que esta institución se considera unha continuación do primeiro e non unha identidade distinta.
 
==Correntes teatrais==
No teatro galego da época pódense atopar tres tendencias que, malia coincidiren todas na idea de impulsar o teatro galego, non perseguían uns mesmos obxectivos. Unha delas procuraba simplemente divertimento ou a afirmación dunha mensaxe de ton rexionalista; outra disporíase a potenciar un teatro nacional baseado na posta en escena de textos de contrastada calidade; e, por último, atopamos unha tendencia que aposta pola dignificación da escena galega, a procura da mellora artística do vello teatro rexionalista e unha escolla máis axeitada das pezas. Esta última tendencia foi a que se seguiu nas [[Irmandades da Fala]] da Coruña e na Escola Dramática Galega. Máis concretamente, esta Escola, dirixida por [[Leandro Carré Alvarellos]], tiña como obxectivo a formación dos axentes envolvidos na escena e a investigación, a cal permitiría difundir o coñecemento do pasado ao pobo para funcionar como un muro ante a ameaza do sistema español.
 
==Actividade==