Amón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: arranxiños​
m →‎Historia: Imperio Novo de Exipto
Liña 16:
A comezos do [[Imperio Novo de Exipto|Imperio Novo]] foi considerado o deus dinástico, pola devoción que lle profesaban os faraóns tebanos, eclipsando o predominio do deus guerreiro [[Montu]], outra divindade venerada en Tebas. A guerra contra os [[hicsos]] levada a cabo polos príncipes tebanos da [[XVII dinastía exipcia|dinastía XVII]] provocaría tamén o encumbramento do deus da cidade á máxima divindade do panteón exipcio, unha vez lograda a vitoria coa liberación e reunificación do país.
 
Os [[sumo sacerdote de Amón|sacerdotes de Amón]] convertéronse no sector máis influente da sociedade exipcia durante o [[Imperio Novo de Exipto|Imperio Novo]], chegando ata a enfrontarse ao denominado "[[faraón]] herético" [[Amenhotep IV]] (Akhenaton). Nesta época comezou a súa síntese co antigo deus Ra, logrando un sincretismo baixo a denominación Amón-Ra, Rei dos deuses.
 
Na época tardía adquiriu un carácter máis universal, sendo coñecido polo nome grego de Amon-ra-sonter.