Élan Béarnais Pau-Lacq-Orthez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-uct- > -ut-.
Liña 35:
Co traslado completo, o club continuou a consolidar o seu status como forza dominante do baloncesto francés, gañando sete campionatos de liga nos seguintes trece anos. Actualmente, o club posúe un total nove títulos de liga, o que fai do Élan Béarnais o terceiro equipo do baloncesto profesional masculino francés con máis títulos de liga, tan só detrás do [[ASVEL Lyon-Villeurbanne]] e do [[Limoges CSP]]. O dous últimos destes nove trofeos chagan de forma consecutiva en 2003 e 2004, data que marca o fin da era dourada do club. A temporada 2003 é lembrada como unha das máis espectaculares do club, onde grazas ás habilidades de dous talentos da canteira, [[Boris Diaw]] e [[Mickaël Pietrus]], gañan os tres títulos máis importantes do país: a Liga, a Copa e a Supercopa. A destacábel campaña de Diaw fíxolle merecedor do premio [[MVP]] da Liga para xogadores franceses. Ademais, despois da temporada, tanto Pietrus como el foron seleccionados na primeira rolda do [[Draft da NBA]] de 2003.
 
Posteriotrmente, debido á marcha dos seus xogadores, a inestabilidade no posto de adestrador, así como problemas económicos, os éxitos do equipo estancáronse. De feito, en 2009 o club chega a descender de categoría tras finalizar no último posto da liga. A súa estadía na [[LNB Pro B|Segunda División]], é aproveitada para reestructurarreestruturar o club e fortalecelo, voltando á Pro A en 2010. Un ano antes do descenso, en 2008, con Didier Gadou e Claude Bergeaud á cabeza, o club leva a cabo a súa terceira mudanza de nome, converténdose no Élan Béarnais Pau-Lacq-Orthez. A entrada do nome da cidade de [[Lacq]], situada cerca de Pau, serviu para reforzar a identidade rexional do club.
 
== Palmarés ==