Bon Jovi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
*disconformidade
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-uct- > -ut-.
Liña 94:
 
=== O 20º aniversario da banda (2003-2004) ===
No 2003 editouse ''[[This Left Feels Right]]'', unha antoloxía dos seus mellores éxitos pero cun estilo totalmente diferente e, ademais, nun formato case acústico. No seu lugar pensábase realizar un disco acústico, gravado en [[Iocoama]] ([[Xapón]]) no 2003 xunto a unha orquestra, pero á hora de mezclar as cancións pensaron que o mellor era gravalas todas de novo, pero cun xiro á esquerda. Unha vez no estudio a banda considerou que un álbum acústico en directo non aportaba nada significativo a Bon Jovi naquel momento, o que os motivou a coller os éxitos e traballar sobre eles dándolles un novo punto de vista. Jon sinalou: {{Cita|''«Creo que a mellor definición para este álbum é "ecléctico", sabes?, o título "Esta esquerda séntese dereita" ''(ou correcta, ben...)'', isto é o que é o noso novo álbum, unha re-introdución a vellos amigos, un disco moi diferente, que ós seguidores lles gustará moito e que tentará a nova xente que nunca escoitou á banda antes a escoitarnos»''.}} O doble DVD que recolle o concerto no Casino Borgata bateu records de ventas na súa primeira semana. Porén, o álbum non conseguiu as metas esperadas. Jon, nunha entrevista realizada a principios do 2007, deu a coñecer a súa desconformidade con este proxecto: {{Cita|''«Gravamos o disco de grandes éxitos e eu sentíame realmente artístico con este novo traballo, sabes? Era algo inédito, e o sacamos á venta. Foi un fracaso, un total fracaso. Os críticos dixeron: «Non xoguen cos nosos recordos nin coas nosas memorias». Foi un duro golpe sobre a miña cabeza, como un martelazo! Aquilo foi un espertar para min. Eu chamábao arte cando en realidade non o era. Os críticos cuestionábanme, onde estaba a arte? Se a verdadeiro arte estaba nos éxitos orixinais, iso foi unha crítica constructivaconstrutiva moi boa. Definitivamente, non o faría de novo.»''.}}
 
No 2004, en agradecemento á gran cantidade de seguidores, sacan o seu Box Set chamado ''[[100'000,000 Bon Jovi Fans Can't be Wrong]]'', unha colección de 4 CD's e un DVD como recompilación de 50 cancións inéditas, no que celebran os seus 20 anos e no que centos de fans teñen a posibilidade de escribir no booklet. Del destacan "Why aren't you dead?", "The Radio Save My Life Tonight", "Good guys don't always wear white", a versión 2004 da banda sonora da película ''[[Ed TV]]'', "Real Life" ou "Open all night". Algunhas das cancións son demos ou versións distintas ("Temptation", "Real Life", "Someday I'll be saturday night"...) de caras B ou BSO.