Sinan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-uct- > -ut-.
Liña 61:
 
=== A mesquita de Atik Valide ===
Sinan creou tamén un complexo (''[[Külliyesi]]''), en torno dunha mesquita para [[Nur-Banu|Nurbanu Valide Sultán]], a esposa veneciana de [[Selim II]] e mai de [[Murad III]] ([[1574]]-[[1595]]). A mesquita de [[Mesquita de Atik Valide (Üsküdar)|Atik Valide]] (''Atik Valide Camii'') ou mesquita da sultá-mai, foi construída entre [[1570]] e [[1579]], no barrio de [[Üsküdar]], na parte asiática de Constantinopla. O extenso complexo, máis unha vez, pon de relevo o papel social do templo entre os otománs, como lugar non só de oración, senón tamén de vida. A mesquita, no centro, chegou ata nós en tres etapas constructivasconstrutivas.
 
A decoración máis significativa está no interior do santuario. Son pinturas especialmente motivos florais, plasmados en paineis murais, cubertos de azulexos de porcelana decorados, principalmente cerca do púlpito (''[[minbar]]''). Como noutros casos, o [[mihrab]], a parede cara a Meca, que orienta os pregos, está decorado con cerámica de [[Iznik]] (Nicea). A porta e as contraventanas da sala de oracións están ornamentados con incrustacións de marfil e nácar.