Diferenzas entre revisións de «Vila-mausoleo de Centcelles»

*-uct- > -ut-.
(Corrixiuse o xénero da palabra "arte".)
(*-uct- > -ut-.)
A constitución da cúpula segue o mesmo sistema que os muros, pero os materiais están dispostos con maior regularidade, ordenados en fileiras horizontais que seguen a forma esférica da cúpula.
O material utilizado é a pedra sen labrar ([[cascallo]], fragmentos de pedra), un sistema moi frecuente en bóvedas romanas. As interseccións das pedras reenchíanse a base de morteiro, material moi adaptable pola súa plasticidade para este tipo de superficies.
Esta diversidade nos métodos de construción poden suxerir unha cuestión de non contemporaneidade, pero esa suposición descartouse pois ambos muros dos edificios están intimamente ligados e os estratos de mampostería como as hiladas que as nivelan seguen o mesmo sistema sen interrupción. Os arcos que perforan os muros son do tipo romano. Así pois, en xeral o sistema constructivoconstrutivo preséntase como firme e macizo, ao estilo romano: de concepción grandiosa pero pobre nos seus materiais quedando ben reflectida a [[praxe]] romana.
 
É, en conxunto, un monumento crave da [[arte paleocristiá]].
Finalmente, no ano 2013 viu a luz unha nova hipótese sobre a funcionalidade do edificio da man de [[Josep Antón Remolá]] e [[Meritxell Pérez]], aportando unha nova interpretación ao edificio baseada nas fontes documentais, nas transformacións de [[Tarraco]] durante a [[antigüidade tardía]] e apoiándose nas escenas da cacería propuxeron entendela como unha campaña militar. Esta nova teoría transformou os edificios principais de Centcelles en [[praetorium de Asterio]], [[comes hispaniarum]], nun campamento militar no cal viviron os altos mandos e converteu a sala con cúpula, o [[sacellum]], en santuario cristianizado, que custodiaba as enseñas e outros elementos simbólicos das tropas e albergaba a cámara forte (cripta). O [[sacellum]] estivo conectada coa sala de reunións.
 
En definitiva, a interpretación sobre a funcionalidade de Centcelles entra de cheo no problema da evolución e terminoloxía do significado de vila, debido ás transformacións ocorridas durante a antigüidade tardía. A arquitectura residencial evoluciona cara a unha reestructuraciónreestruturación dos espazos, modificando a súa función orixinal, por esta razón interpretar a funcionalidade do edificio de Centcelles é unha tarefa complexa.
 
== Os mosaicos ==
18.341

edicións