Edmund Husserl: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *caracter
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-uct- > -ut-.
Liña 15:
A filosofía fenomenolóxica pasa por dous momentos:
* '''Fase crítica''': desvelar a inconsistencia, irracionalidade e perigo de toda filosofía e práctica científica que conduza ó relativismo ou que non contemple a cientificidade dos asuntos de carácter ético-político. Desde esta perspectiva a Fenomonoloxía convertese fundamentalmente nunha crítica do [[Positivismo]] e do [[Psicoloxismo]] filosóficos.
* '''Fase constructivaconstrutiva''': elaborar unha nova filosofía desde fundamentos seguros capaces de dotar de unidade e sentido toda actividade humana de carácter teórico ([[ciencia]]) e práctico ([[ética]]). Desde o punto de vista constructivoconstrutivo a fenomenoloxía designa, por unha banda, un determinado obxecto de estudio (as [[esencia]]s dos fenómenos) e, por outra, un [[Método científico|método]] necesario para acadar esas esencias.
 
A parte metodolóxica é a contribución máis significativa e novidosa da fenomenoloxía. Consiste nunha técnica inspirada na ''dúbida'' [[Descartes|cartesiana]] que pon en suspenso (''epokhé / Einklammerung'') a [[existencia]] do mundo así como toda crenza ou opinión recibida culturalmente. Deste xeito pódese describir o que se presente (fenómeno) á razón humana en absoluta ausencia de prexuízos. Coñécese co nome de ''método fenomenolóxico da redución''. Con este método debería poderse, primeiro, fundar as diferentes ciencias empíricas e, segundo, dar cun principio primeiro unificador e garante de toda actividade humana científica e ética. O primeiro aspecto correspóndese coa fenomenoloxía entendida como ''ciencia das esencias''. As ''ciencias empíricas'' refírense só a fenómenos da experiencia sensible ([[Positivismo]]), pero como en todo feito sensible hai unha esencia (''eidos''), só coñecendo esta pode fundarse solidamente o coñecemento empírico. O segundo aspecto, en cambio, orienta a fenomenoloxía cara unha ''ciencia da conciencia''. Posto que toda esencia resulta coñecida por unha conciencia (é obxecto para unha conciencia que a pensa) hai que describir a estrutura desta para determinar como se configura aí unha relación fundamental e unitaria, principio de todas as esencias. Esta conciencia á que apunta o método fenomenolóxico é unha ''conciencia pura'', isto é, unha estrutura transcendental independente de toda actividade consciente humana concreta. Husserl denomínaa ''subxectividade transcendental''. Segundo Husserl a propiedade esencial desta conciencia é a ''[[intencionalidade]]''. Isto quere dicir que a conciencia é sempre "conciencia de algo", isto é, posúe unitariamente un cáracter bipolar. Por exemplo, en toda percepción hai, ademais do acto de percibir, o percibido. Ós actos da conciencia en xeral (referidos ó suxeito) chámalles ''[[noesis]]'', e ós contidos deses actos (referidos ó obxecto) ''[[noema]]''. A través dunha serie de complexos e especializados análises da conciencia Husserl desemboca no concepto de ''intersubxectividade'': o recoñecemento da existencia de diversas conciencias todas elas co mesmo rango [[ontoloxía|ontolóxico]].