Unión Cultural San Bernabé: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''Unión Cultural San Bernabé''' foi unha agrupación de coro e teatro fundada polo mestre [[Argimiro Rico Trabada]] na aldea de [[San Bernabel, Martín, Baleira|San Bernabel]] ([[Martín, Baleira|Martín]], [[Baleira]]) durante a [[Segunda República Española|Segunda República]].
 
Estaba formada por máis de vinte persoas, e o propio Argimiro Rico era o director. Na actuación da Festa da Árbore no San Bernabel o día 10 de maio de 1934, o coro interpretou a varias voces "[[Os Pinos]]", un himno á árbore e o himno das "[[Xuventudes Galegas]]" <ref>''[[El Pueblo Gallego]]'', xoves, 17 de maio de 1934, px. 12.</ref>. Logo varios nenos da agrupación cultural recitaron as seguintes poesías de [[Rosalía de Castro]]: ''Terra a Nosa'', ''Adeus Ríos Adeus Fontes'' e ''Airiños''. En canto ás actuacións teatrais representaron: ''A Morriña'' de [[Antón Presa Viso]] , ''Bodas de Ouro'' e ''Coroa de Flores''. Outra das súas actuacións foi na [[A Fonsagrada|Fonsagrada]] o 8 de novembro de 1934 co obxectivo de recadar fondos para unha Biblioteca Popular en San Bernabel <ref>''[[El Pueblo Gallego]]'', sábado, 13 de novembro de 1934, px. 13.</ref>. Entre as obras que representaron estaban ''Noite de Ruada'' de [[Leandro Carré]] ou ''Bodas d´Ouro'' de G. Galicianas. En canto á parte musical interpretaron entre outras pezas "Alborada Gallega", "Lonxe da Terriña", "Dous Amorores" e "[[Os Pinos]]". En canto á actuación do día da inauguración da citada biblioteca, o 20 de outubro de 1935 <ref>''[[El Pueblo Gallego]]'', sábado, 17 de outubro de 1935, px. 1011.</ref> estaba prevista a interpretación entre outras obras de ''Alalá da Mariña'', ''Alalá de Triacastela'', ''Alalá de Betanzos'', varios himnos e muiñeiras.
 
== Notas ==