Velocidade da luz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o xénero de "engrenaxe".
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o xénero de "engrenaxe".
Liña 319:
==== Medidas directas ====
[[Ficheiro:Speed of light (Fizeau).PNG|miniatura|Diagrama do [[Experimento de Fizeau e Foucault|aparello de Fizeau-Foucault]].]]
A segunda medida acertada da velocidade da luz mediante un aparello terrestre foi realizada por [[Hippolyte Fizeau]] en [[1849]]. O [[Experimento de Fizeau e Foucault|experimento de Fizeau]] era conceptualmente similar a aqueles propostos por Beeckman e Galileo. Un raio de luz dirixíase a un espello a centos de metros de distancia. No seu traxecto da fonte cara ao espello, o raio pasaba a través dundunha engrenaxe rotatoriorotatoria. A certo nivel de rotación, o raio pasaría a través dun orificio no seu camiño de saída e noutro no seu camiño de regreso. Pero en niveis lixeiramente menores, o raio proxectaríase nun dos dentes e non pasaría a través da roda. Coñecendo a distancia cara ao espello, o número de dentes da engrenaxe e o índice de rotación, poderíase calcular a velocidade da luz. Fizeau reportou a velocidade da luz como 313 000 km/s. O método de Fizeau foi refinado máis tarde por [[Marie Alfred Cornu]] (1872) e [[Joseph Perrotin]] (1900), pero foi o físico francés [[Jean Bernard Léon Foucault|Léon Foucault]] quen máis profundou na mellora do método de Fizeau ao substituír a engrenaxe cun espello rotatorio. O valor estimado por Foucault, publicado en [[1862]], foi de 298 000 km/s. O método de Foucault tamén foi usado por [[Simon Newcomb]] e [[Albert Abraham Michelson|Albert Michelson]], quen comezou a súa longa carreira replicando e mellorando este método.
 
En [[1926]], Michelson utilizou espellos rotatorios para medir o tempo que tardaba a luz en facer unha viaxe de ida e volta entre a montaña Wilson e a montaña San Antonio en California. As medidas exactas renderon unha velocidade de 299 796 km/s.