Lagarteiro das torres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: species = '''''F. naumanni''''' → species = '''F. naumanni''', genus = ''Falco'' → genus = Falco
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 50:
Os lagarteiros das torres forman as parellas despois de volveren da viaxe migratoria, chegando ós territorios de reprodución os machos comezan a facer voos de exhibición preto da área do futuro niño. Os voos, caracterizados por xiros do corpo de case 180º que fan que os machos voen curtos períodos co lombo cara ó chan, intensifícanse cando chegan as femias. Nesta fase os machos ofrecen tamén alimentos ás femias, que os reciben e marchan con eles voando.
 
As parellas son monógamas e estacionais, aínda que se observaron casos de [[polixinia en animais|polixinia]]. Por ben que maduren sexualmente no primeiro ano de vida, poucas veces o fan antes de cumpriren os dous anos. A maioría dos xoves de primeiro ano pasan o verán nos cuarteis de inverno e os machos novos que volven axudan ás veces a alimentar ós polos das parellas reprodutoras. Poñen entre 3 e 6 [[Ovo (bioloxía)|ovos]], as máis das veces 4 ou 5, que son castaños claros con manchas pardas avermelladas e miden uns 35 x 28 mm. Os dous sexos chocan os ovos, por ben que polas noites se encargan case exclusivamente as femias. Os polos tardan uns 28 días en saíren do ovo e son mantidos e coidados polos dous proxenitores. O tempo de permanencia no niño varía rexionalmente, e parece depender moito das condicións climáticas e da abundancia de alimento: pode ser de menos de 30 días ou de case 40. O tempo de permanencia na colonia dos lagarteiros novos é moi curto, e estes espállanse de seguida en tódalas direccións, a miúdo cara ó norte antes de marcharen a [[África]]. En [[Europa]] as segundas postas son excepcionais, pero danse noutras rexións.
 
== Alimentación e obtención do alimento ==