Diferenzas entre revisións de «Curuxa común»

ligazón
(ligazón)
 
[[Ficheiro:Schleiereule_fws.jpg|miniatura|200px|Curuxa común]]
Mentres as femias chocan, os machos buscan moitas veces unha nova parella coa que reproducirse ([[polixinia en animais|polixinia]]). Isto provoca que en ocasións dúas ou máis femias incuben a un tempo nun só niño ou en máis de un dentro do territorio do macho. O aparellamento dunha femia con varios machos ([[poliandria]]) é menos habitual.
A táctica fronte ós inimigos consiste en evitalos. As curuxas adoitan seren malas de localizar cando están pousadas e ben agachadas ó que axudan a plumaxe mimética e a capacidade de estaren sen se mover. Cando son molestadas agáchanse ou apértanse ben contra a estrutura do seu punto de repouso. En casos extremos foxen zarriscando o inimigo cos seus excrementos. Os exemplares que non poden fuxir adoptan posturas de ameaza abrindo as ás e proxectando o corpo cara adiante. A isto xuntan berros e simulacros de ataque. Os polos que aínda non voan e os exemplares acurralados deféndense con golpes das gadoupas, máis que co bico.
 
190.095

edicións