Argimiro Rico Trabada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig ext
engado ligazón a Unión Cultural San Bernabé, e a Festa da Árbore con ligazóns ao xornal. Podedes amañar o da ligazón á Unión Cultural?
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Exerceu como mestre e fixo por libre os estudos de Maxisterio na Escola Normal de [[Santiago de Compostela]] (1924-1927). Foi mestre nas escolas da [[A Fontaneira, Baleira|Fontaneira]] e [[San Bernabel, Martín, Baleira|San Bernabel]]. Organizou e foi director <ref>[[El Pueblo Gallego]], sábado, 13 de novembro de 1934, px. 13.</ref> da [[Unión Cultural San Bernabé]]. Organizou a Festa da Árbore na súa escola o 10 de maio do 1934 <ref>[[El Pueblo Gallego]], mércores, 9 de maio de 1934, px. 13.</ref>. Visitaba asiduamente [[Montecubeiro, Castroverde|Montecubeiro]], de onde procedía a súa nai, participando en actividades culturais desenvolvidas pola [[Unión de Labradores de Montecubeiro]], e en mitins, como o do 14 de abril de 1936 para celebrar a festa da República, no que pronunciou un discurso defendendo a cultura como factor de liberación.
 
En outubro de [[1937]] un grupo de falanxistas fórono buscar á casa e levárono atado cara o monte. Nunha taberna do camiño detivéronse a beber deixando a Argimiro atado á fachada; ao saír pegáronlle patadas e insultárono. Seguiron camiñando ata o lugar elixido onde lle cortaron os testículos e a lingua, sacáronlle os ollos e rematárono de varios tiros.