Amón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: arranxiños​
Liña 12:
Atópase a primeira mención coñecida do deus nos [[Textos das Pirámides]] do [[Imperio Antigo de Exipto|Imperio Antigo]], gañando importancia cara ao final do [[Primeiro Período Intermedio]], en Tebas.
 
Cobra grande importancia durante a [[XII dinastía exipcia|dinastía XII]] do [[Imperio Medio de Exipto|Imperio Medio]] (c. 2000 - 1800 a. C.), en Tebas, onde se lle erixiu o denominado templo de [[Karnak]].
 
A comezos do [[Imperio Novo de Exipto|Imperio Novo]] foi considerado o deus dinástico, pola devoción que lle profesaban os faraóns tebanos, eclipsando o predominio do deus guerreiro [[Montu]], outra divindade venerada en Tebas. A guerra contra os [[hicsos]] levada a cabo polos príncipes tebanos da [[XVII dinastía exipcia|dinastía XVII]] provocaría tamén o encumbramento do deus da cidade á máxima divindade do panteón exipcio, unha vez lograda a vitoria coa liberación e reunificación do país.
 
Os [[sumo sacerdote de Amón|sacerdotes de Amón]] convertéronse no sector máis influente da sociedade exipcia durante o [[Imperio Novo]], chegando ata a enfrontarse ao denominado "[[faraón]] herético" [[Amenhotep IV]] (Akhenaton). Nesta época comezou a súa síntese co antigo deus Ra, logrando un sincretismo baixo a denominación Amón-Ra, Rei dos deuses.