Diferenzas entre revisións de «Peneira»

ligazón
m (Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos)
(ligazón)
Componse dun aro ancho e delgado de madeira e dun fondo furado de diferente material segundo a operación e o tipo de gran a peneirar. A tea acostuma ser de serda, arame, lenzo ou seda. O cilindro pode tamén estar feito de [[folla de lata]] furada ou de arames de ferro postos circularmente uns xunto a outros.
 
Nas [[panadaría]]s importantes botaban a fariña saída das moas nun cuarto que estaba enriba da peneira. Abrían un buraco no chan onde colocaban unha canle de táboas ou de lenzo por onde caía a fariña nunha [[moega (homónios)|moega]] ou canoura. Despois de caer a fariña na moega, pasaba ao cilindro que se achaba en plano inclinado e entón se lle daba voltas co [[cegoñal]] e a pendente facía que a fariña pasase da tea máis fina á máis mesta, até que o farelo caía pola abertura. Algunhas veces había unha quinta división ou caixón máis grande que os demais para recibilo ou se abeiraba un costeiro a esta abertura para o recoller.
 
Na actualidade existen diferentes tipos de cribos e peneiras, moi empregadas de xeito indutrial, coma as peneiras de vento.
191.165

edicións