Estatuto Real de 1834: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 17:
Consiste en 50 artigos agrupados en 5 títulos, nos que non hai referencia a unha declaración de dereitos, nin á soberanía nacional nin á división de poderes<ref name=":1" />.
 
Por tanto, non foi propiamente unha [[Constitución]]<ref name=":0" />, entre outras razóns, porque non emanaba da [[soberanía nacional]] senón da soberanía do rei absoluto que autolimitaba os seus poderes por propia vontade, seguindo o modelo da monarquía restaurada en Francia despois de [[Napoleón I de Francia|Napoleón]] con [[Luís XVIII de Francia|Luís XVIII.]]. "''Non había nada semellante a unha declaración de dereitos e liberdades nin apenas outra cousa que non fose a mera convocatoria de Cortes. [[Constitución española|A]] propia terminologíaterminoloxía empregada (estamentos no canto de cámaras, procuradores no canto de deputados) denotaba unha vontade explícita de situar o réxime do Estatuto lonxe da tradición constitucional do liberalismo español''"<ref>Fuentes, J.F. (2007), p.&nbsp;94.</ref>.
 
Aprobado por Real Decreto, o Estatuto convértese nunha carta outorgada onde a Coroa, fundándose nun poder absoluto, delega funcións noutros órganos do [[Estado|Estado.]]. Por iso o conxunto de poderes ([[poder lexislativo]] e [[poder executivo]]) están en mans do soberano. Desde algunhas posicións quíxose sustentar a característica de que o Estatuto de 1834 avanzaba un paso ao compartir a soberanía nacional entre o Rei e as [[Cortes Xerais|Cortes]], aínda que o artigo 24 e o 30 deixan claro que a convocatoria e disolución corresponde ao Monarca, non poden deliberar sobre asunto algún que o Rei non lles someteu a xuízo (artigo 31) e a aprobación das leis sempre requirirá a sanción real sen que deba xustificar as razóns para non facelo (artigo 33).
 
Por outra banda, o sistema de [[sufraxio censitario]] concede o dereito a voto a uns 16.000 votantes, todos homes, menos do 0,15 por cen da poboación, rexeitando unha das aspiracións dos liberais: a extensión do corpo electoral.