Diferenzas entre revisións de «Barack Obama»

*-uct- > -ut-. / Ligazóns internas.
m (→‎Véxase tamén: suceror de Obama)
(*-uct- > -ut-. / Ligazóns internas.)
|web = [http://www.whitehouse.gov/ A Casa Branca]<br />[http://www.barackobama.com Barack Obama]
}}
'''Barack Hussein Obama II''', nado en [[Honolulu]] ([[Hawai]]) o [[4 de agosto]] de [[1961]],<ref>[http://www.elpais.com/articulo/internacional/Obama/culmina/sueno/cambio/elpepuint/20081105elpepuint_1/Tes ''El País'']</ref> foi o cuadraxésimo cuarto presidente dos [[Estados Unidos de América]]. É o primeiro afroamericano en acadar este posto. Obama foi [[Senado dos Estados Unidos de América|senador]] polo estado de [[Illinois]] entre xaneiro de [[2005]] e novembro de [[2008]], momento noen que renunciou ao cargo para botar os folgos á campaña presidencial.
 
Ten o graduado pola [[Universidade de Columbia]] e pola escola de [[dereito]] de [[Universidade Harvard|Harvard]] (en inglés: ''Harvard Law School''), onde foi nomeado o primeiro presidente afroamericano da revista ''Harvard Law Review''. Foi organizador comunitario en [[Chicago]] antes de obter o grao en Dereito. Traballou como [[avogado]] especializado en [[Dereitos civís e políticos|dereitos civís]] antes da súa elección como senador polo estado de [[Illinois]]. Tamén impartiu clases de dereito constitucional na escola universitaria de dereito de [[Universidade de Chicago|Chicago]] (en inglés: ''University of Chicago Law School'') dende o ano [[1992]] ata o [[2004]].
 
Obama ocupou un escano no Senado de [[Illinois]] durante tres [[lexislatura]]s (de [[1997]] a 2004). Tras perder unha contenda para obter un escano no [[Congreso dos Estados Unidos|Parlamento norteamericano]] no ano [[2000]], presentou a súa candidatura ao Senado no 2004. En marzo do 2004, venceu nas eleccións primarias do [[Partido Demócrata (Estados Unidos)|partido demócrata]], o que fixo del unha figura coñecida no país. Despois de pronunciar o seu [[discurso]] de apertura do congreso demócrata dese mesmo ano, a súa popularidade aumentou significativamente. Foi elixido senador dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] en novembro do ano 2004 coa marxe de votos máis ampla da historia de [[Illinois]].
 
Comezou a súa carreira cara á presidencia en febreiro de [[2007]].<ref>http://www.nytimes.com/2009/10/10/world/10nobel.html?hp</ref><ref name="nobel peace prize">{{Cita web|url=http://nobelprize.org/nobel_prizes/peace/laureates/2009/|título=The Nobel Peace Prize 2009|editor=Nobel Foundation|dataacceso=09-10-2009}}</ref> Tras unha campaña axustada nas eleccións primarias de [[2008]] contra [[Hillary Clinton]], gañou a candidatura polo [[Partido Demócrata (Estados Unidos)|partido demócrata]], converténdose no primeiro candidato afroamericano dun dos grandes partidos estadounidenses. Nas eleccións de novembro de [[2008]] venceu ao candidato republicano [[John McCain]] converténdose no cuadraxésimo cuarto presidente dos [[Estados Unidos de América]] o [[20 de xaneiro]] de [[2009]]. O 9 de outubro dese mesmo ano, recibiu o [[Premio Nobel da Paz]] polos seus "extraordinarios esforzos para fortalecer a diplomacia internacional e a cooperación entre as persoas".
Tras rematar a escola superior, trasladouse a [[Los Angeles]] en [[1979]] para asistir ao Occidental College. Despois de dous anos, en [[1981]], trasladouse á universidade de Columbia en [[Nova York]], onde cursou Ciencias Políticas, especializándose en Relacións Internacionais, graduándose en 1983 cunha licenciatura en Artes Liberais. Traballou durante un ano na Business International Corporation e despois no New York Public Interest Research Group.
 
Despois de vivir catro anos en [[Nova York]], Obama viaxou a [[Chicago]], onde foi contratado como director do Proxecto de Comunidades en Desenvolvemento (en inglés ''Developing Communities Project''), unha organización relixiosa que contaba con oito parroquias no Gran Roseland (Roseland, West Pullman e Riverdale) na zona sur da cidade denominada South Side, dende xuño de [[1985]] a maio de [[1988]]. Durante os tres anos que estivo á fronte do DCP, o personal medrou de un a trece, e o orzamento anual medrou de 70&nbsp;000$ a 400&nbsp;000$. Colaborou na creación dun programa de preparación para traballadores, un programa de titoría para as preparatorias universitarias, e unha organización de defensa dos dereitos dos inquilinos en Altgeld Gardens. Tamén traballou comacomo consultor e instructorinstrutor da Fundación Gamaliel, un instituto de organización comunitaria. a mediados de [[1988]] fixo a súa primeira visita a [[Europa]] durante tres semanas, e marchou outras cinco semanas a [[Kenya]], onde coñeceu a moitos dos seus parientes paternos. Volveu en agosto do [[2006]] para visitar o lugar de nacemento do seu pai, no oeste de Kenya.
 
Obama entrou na Universidade de Dereito de Harvard a fines do ano [[1988]]. Foi elixido director da ''Harvard Law Review'' ao rematar o seu primeiro ano, e presidente do xornal no segundo ano. Trala súa graduación coma Doutor en Xurisprudencia coa mención "[[cum laude|magna cum laude]]", en [[1991]], volveu a Chicago. Casou coa avogada [[Michelle Obama]] en [[1992]] e da parella naceron dúas fillas. A elección de Obama coma primeiro presidente negro da revista ''Harvard Law Review'' obtivo a atención dos medios de todo o país e facilitoulle a obtención dun contrato cunha editorial que lle concedeu un aticipo para escribir un libro sobre as relacións raciais, que finalmente se converteu nunha memoria persoal da súa vida. O manuscrito foi publicado en [[1995]] co título ''[[Dreams from My Father]]'' ("Soños de meu pai").
En [[1996]], Obama foi elixido como Senador do [[estado de Illinois]] representando a [[Hyde Park]] na cidade de [[Chicago]], onde era considerado un liberal firme.
 
=== Campaña Parapara o Senado ===
[[Ficheiro:Obama08acceptance.jpg|miniatura|dereita|Obama durante un discurso.]]
No [[2004]], Obama fixo campaña polo asentoescano que o senador anterior, Peter Fitzgerald, deixara vacante. Nas eleccións primariaprimarias para a candidatura Demócrata os seus opositores foron Blair Hull, un home de negocios, e Dan Hynes, Interventor do estado de Illinois. Obama comezou po baixo de Hull nas sondaxes de opinión, pero isto cambiou logo dun escándalo de [[violencia doméstica]] que implicou a Hull. A partir de alí, mellorou notablemente a imaxe de Obama e comezou a liderar nas sondaxes de opinión. Á vez, comezou a recibir o apoio de líderes democráticos. Nas Eleccións Primarias, Obama sumou máis votos que os outros seis candidatos combinados, gañando co 52% dos sufraxios.
 
Obama entón enfrontouse co candidato Jack Ryan, o gañador da Primaria Republicana. Durante a campaña, con todo, un escándalo sexual implicou a Ryan (foi acusado de levar á súa esposa a clubs de sexo). Debido a iso, Ryan retirouse da campaña. O partido republicano de Illinois elixiu o candidato conservador Alan Keyes para substituír a Ryan. Finalmente, Obama gañou as eleccións por unha diferenza considerable: 69,97% contra o 27,05% de Keyes.
21.136

edicións