Galicia na Segunda República: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 22:
 
=Galiza durante a II República=
 
A [[Constitución Republicana de Decembro de 1931]]´foi a máis progresista da Historia de España, ata o momento. Era liberal con tendencia popularizante, inspirada na da [[República Alemana de 1918]], na mexicana de 1917,... O texto definía España como unha república democrática de traballadores de toda clase, con sufraxio universal masculino e feminino ( por primeira vez na Historia de España) e como un Estado aconfesional, aínda que se respectan todos os cultos e crenzas. Recoñecía os dereitos individuais e establecáinse amplas liberdades públicas e privadas. A Constitución facultaba ao goberno para expropiar bens considerados de utlidade pública. Establece un modelo de Economía liberal e o traballo como dereito e obriga. Como dicíamos, a muller alcanza o dereito ao voto, e non é o único cambio positivo, xa que tamén se decretaba a igualdade de home e muller no matrimonio, e o dereito ao divorcio, e a igualación de fillos lexítimos e ilexítimos en dereitos.
 
Decreta a compatibilidade entre a soberanía nacional e o poder autonómico, desde o punto de vista de que aínda que o Estado se configuraba de forma integral, aceptábase a posibilidade de constituír gobernos autónomos nalgunhas rexións.O poder lexislativo residía nas Cortes (unicamerais), o poder executivo no Consello de Ministros e no Presidente da República, asentándose a independencia do poder xudicial. Porén, o poder lexislativo primaría sobre o executivo.
 
Tamén se establece a separación efectiva entre Igrexa e Estado (liberdade de culto, prohibición da Igrexa no ensino e nas actividades económicas,...)