Galicia na Segunda República: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: =A proclamación da II República= Desde fins de Xaneiro ata mediados de Febreiro de 1931, o Goberno de Berenguer foise desmembrando a base de dimisións. Tras unha serie...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de agosto de 2007 ás 18:25

A proclamación da II República

Desde fins de Xaneiro ata mediados de Febreiro de 1931, o Goberno de Berenguer foise desmembrando a base de dimisións.

Tras unha serie de negativas de importantes figuras políticas ( Alba, Sánchez Guerra, Álvarez,...), formouse o Goberno Aznar. Este goberno non conseguiu calmar a axitación da opinión pública: os disturbios universitarios seguiron e ante eles non se adoptou unha política coherente polas tensións que había entre os membros do Gabinete. Esta axitación é mostra evidente de que o goberno non fora capaz de paliar os males do país, que se lle atribuían ao goberno anterior.

A promesa máis inmediata de Aznar consistía na convocatoria de eleccións municipais e levouna a cabo rapidamente. Isto foi un erro desde o punto de vista da Monarquía, xa que nas eleccións municipais é onde resulta máis visíbel a diferenza de comportamento entre o mundo rural e o urbano: distintamente ao que ocorre nas eleccións lexislativas, o voto rural non compensa os resultados do urbano, e na cidade é máis difícil exercer os métodos caciquís e hai máis elementos populares dispostos a se opór.

A ausencia de eleccións en 1922 provocou incertidume sobre os resultados das que se producirúian o 12 de Abril de 1931. Foi unha novidade que o poder público non intervise, e tamén foi un dato importante a apatía dos monárquicos, que nin sequeraintentaron unirse para levar a cabo unha campaña electoral coherente, que, incluso por separado, foi practicamente inexistente.

Deste xeito, o único que lle quedaba á Monarquía eran os caciques, que non foron capaces de se enfrontar ao despertar da opinión pública.

Agás en moi poucas cidades( xa fose polo seu conservadorismo ou a súa corrupción electoral), nas capitais de provincia conseguiran a vitoria as esquerdas. En todos os distritos de Barcelñona e Madrid a vitoria foi para os republicanos(antimonárquicos). Por primeira vez en España, o goberno era derrotado nunhas eleccións.




Galiza durante a II República