Diferenzas entre revisións de «Isis»

m
Dinastía XVIII de Exipto
m (→‎Iconografía: arranxiño)
m (Dinastía XVIII de Exipto)
[[Ficheiro:Ägyptischer Maler um 1360 v. Chr. 001.jpg|dereita|290px|miniatura|A deusa Isis, pintura mural, ca. 1360 adC.]]
'''Isis''' é unha [[deusa]] na [[mitoloxía exipcia]]. Era máis prominente mitoloxicamente como a esposa e irmá de [[Osiris (deus)|Osiris]] e a [[nai]] de [[Horus]] e adorábaselle como a esposa e nai arquetípica. O seu nome exipcio é '''Ast''' ("[[Trono (monarquía)|trono]]"), representado polo [[emblema]] que porta sobre a súa cabeza. Coñéceselle tamén como A Gran Maga, A Gran Deusa Nai, Raíña dos Deuses, A Forza Fecundadora da Natureza, Deusa da Maternidade e do Nacemento e como Señora das Pirámides en [[GizaGizeh]].
 
== Iconografía ==
Isis é representada como muller co [[xeroglífico]] do "trono" ''Ast'' sobre a súa cabeza. Outras veces está sentada, ostentando un toucado co disco solar, por ser filla de [[Ra (deus)|Ra]], o deus Solar. Podemos vela igualmente con ás de [[milano]], abrindo os seus brazos para bendicir aos seus devotos e fillos, simbolizando a súa maternidade. Con forma de deusa árbore, aleitando ao faraón.
 
Na súa versión antropomorfa, Isis é representada como unha muller que leva un axustado vestido e coroada co "trono" anteriormente explicado. A comezos da [[Dinastía XVIII de Exipto|dinastía XVIII]] e no período tardío é representada con cornos e un disco solar entre eles, ao modo da deusa [[Hathor]], xa que logo atributos tomados desta última deusa. Tamén porta o [[sistro]] e o [[menat]] (tomados da deusa Hathor) e, nas súas mans, tan só adoita levar o [[Ankh]] (anj) e un bastón [[papiro|papiriforme]].
 
== Mitoloxía ==
103.753

edicións