Johann Sebastian Bach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Órgano: Felix Mendelssohn
Liña 268:
| formato2 = [[Ogg]]
}}
As pezas de libre inspiración ocupan un lugar igualmente importante no conxunto da súa produción, comprendendo os tipos [[tocata]], ''[[canzona]]'', ''[[passacaglia]]'', fantasía, [[preludio]] e [[fuga]], mais como ocorre con boa parte das súas obras, a datación é difícil, e varias delas sobreviviron en versións diferentes. De xeito xeral presentan un estilo rapsódico típico dos mestres alemáns da xeración anterior a Bach, mais as súas características individuais son extremadamente variadas e é imposible analizalas como un conxunto unificado en termos de estilo e enfoque. As atribuídas á súa primeira fase creativa son, de acordo con Geiringer, froito dun principiante ávido de experimentacións e na procura dun camiño propio, e se revelan como obras inmaturas, con inconsistencias na estrutura e estilo, e ás veces algúns erros técnicos. Mesmo así, son obras exuberantes e de grande impacto. Desta fase cómpre destacar entre outras o ''Preludio e fuga en sol menor'' BWV 535, cunha conclusión poderosamente dramática; o ''Preludio e fuga en sol maior'' BWV 550, cunha extraordinaria pasaxe para solo de pedal, e sobre todo a célebre ''Tocata e fuga en re menor'' BWV 565, iniciando e rematando con pasaxes rapsódicos que enmarcan unha fuga no centro; o seu carácter é de improvisación brillante e fogosa, chea de pasaxes virtuosísticos e técnica impecable. Da fase de madurez son notables, por exemplo, a ''Tocata en dó maior'' BWV 564, que mostra a influencia italiana e contén entre as pasaxes de bravura unha longa e melódica cantilena; a ''Tocata e fuga dórica'' BWV 538, elaborada completamente en torno a un único motivo simple, enunciado ao principio; a ''Tocata e fuga en fa maior'' BWV 540, de grande extensión e efecto fulgurante, que levou a [[Felix Mendelssohn|Mendelssohn]] a dicir, despois de escoitala, que parecía que a igrexa se ía esborrallar; o ''Preludio e fuga en sol maior'' BWV 541, que sorprende cunha pausa e un episodio homofónico no medio da fuga, seguido dunha pasaxe duramente disonante; máis da súa madurez, quizais a peza máis coñecida sexa a ''Passacaglia en dó menor'' BWV 582, que consiste en vinte variacións sobre un baixo ''[[ostinato]]'', unha obra de arquitectura poderosa que parece esgotar as posibilidades do xénero da [[variación (música)|variación]]. Tamén se inclúen entre as obras de libre inspiración arranxos para órgano de obras orquestrais doutros compositores, onde frecuentemente transformou tanto a escrita orixinal que pasan a ser obras case enteiramente propias.<ref>{{Cita Harvard|Geiringer|1966|sp=si|pp=212-228}}</ref>
 
==== Cordas e frauta ====