Brasil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
Liña 138:
 
A intención do novo réxime era ser transitorio, mais rematou por converteuse nunha ditadura plena coa promulgación da Lei Institucional Número Cinco (AI-5) de 1968. A [[censura]] e a represión en tódalas súas formas, incluíndo a [[tortura]], non se restrinxiu tan só aos políticos opositores e aos militantes de esquerda, a súa acción alcanzou a todos aqueles a quen o réxime encaraba como opositores ou xente ligada a eles. Isto abrangueu practicamente a tódolos sectores sociais, entre eles artistas, estudantes, xornalistas, clérigos, sindicalistas, profesores ou intelectuais, alén dos propios militares e policías que demostrasen non estar aliñados co réxime. O réxime tamén participou na persecución internacional a disidentes [[América do Sur|suramericanos]], en xeral a través da [[operación Cóndor]], a cal practicou o [[terrorismo de Estado]]. A exemplo doutros réximes ditatoriais na historia, o réxime militar brasileiro atinxiu o auxe da súa popularidade nun momento de alto crecemento económico, que ficou coñecido como "milagre económico", intre que coincidiu co auxe da represión, nos coñecidos como ''anos de chumbo''.
[[Ficheiro:Michel Temer planaltoem 327 (cropped)de outubro de 2016.jpgpng|miniatura|[[Michel Temer]], Presidente do Brasil dedende [[2016]] a [[2018]].]]
O desgaste natural de anos de poder ditatorial, que non abrandou a represión, sumado á incapacidade de lidar coas crises económicas e as presións populares, fixeron inevitable a apertura política do réxime, a cal foi conducida polos xenerais [[Ernesto Geisel]], quen asumiu a presidencia en [[1974]] coa promesa dun proceso de redemocratización "lento, gradual e seguro". En [[1978]] anulou a Lei Institucional Número Cinco, aínda que o réxime militar continuou co seu sucesor, o xeneral [[João Figueiredo]], para completar a plena transición cara á democracia. Coa promulgación da Lei da Marcha en [[1979]], o Brasil comezou a modiñoamodiño a súa volta á democracia, que se completaría coa volta dos civís ao poder en [[1985]], cando [[José Sarney]] asumiu a presidencia. Con todo, Sarney nunca foi moi popular debido á continuidade da crise económica e hiperinflación herdadas do réxime militar. O mal resultado deste goberno permitiu a elección en [[1989]] do case descoñecido [[Fernando Collor]], que posteriormente sufriría proceso de ''impeachment'', fundamentado en acusacións de corrupción, polo Congreso Nacional brasileiro en [[1992]]. Collor foi sucedido polo seu vicepresidente, [[Itamar Franco]], que nomeou como Ministro de Facenda a [[Fernando Henrique Cardoso]], quen creou o exitoso Plan Real que cal trouxo a estabilidade á [[Economía de Brasil|economía brasileira]].
 
En consecuencia, Fernando Henrique Cardoso foi elixido como presidente en [[1994]] e novamente en [[1998]]. A transición pacífica de poder cara ao seu principal opositor, [[Luiz Inácio Lula da Silva]], elixido en [[2002]] e reelixido en [[2006]], mostrou que o Brasil finalmente conseguiu alcanzar a súa procurada estabilidade política. En [[2010]], [[Dilma Rousseff]] converteuse na primeira muller elixida presidente, a segunda persoa en chegar á presidencia sen nunca antes disputar unha elección e a primeira en chegar á presidencia con plenitude democrática, tras outro goberno democrático que cumpriu o seu mandato completo.<ref>{{cita web|url=http://www.estadao.com.br/noticias/impresso,a-eleicao-de-dilma-rousseff,633577,0.htm|título= A eleição de Dilma Rousseff|dataacceso= 31 de agosto de 2013|data=2 de novembro de 2010|editor=O Estado de São Paulo}}</ref>