Dodecaneso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 71:
 
=== Período Clásico ===
Este desenvolvemento foi interrompido sobre o [[-499|499 a.C.]] polas [[Guerrasguerras Médicasmédicas]], durante o cal as illas foron capturadas polos persas durante un breve período. Logo da derrota dos persas por [[Atenas]] no [[-478|478 a.C.]], as cidades sumáronse aos atenienses na [[Liga de Delos]]. Cando a [[Guerra do Peloponeso]] estalou no ano [[-431|431 a.C.]] , mantivéronse neutrais, aínda que eran membros da Liga.
 
Na época do fin da Guerra do Peloponeso no [[-404|404 a.C.]], o Dodecaneso estaba retirado dos grandes conflitos do Exeo, e comezara un período de relativa calma e prosperidade. No 408 aC, as tres cidades de Rodas uníronse para formar un só Estado, que construíu unha nova capital no extremo norte da illa, tamén chamada ''Rodas''; esta Rodas unida dominou a rexión durante os próximos milenios. As outras illas do Dodecaneso, tamén se desenvolveron como centros económicos e culturais, sobre todo, Cos foi a sede da escola de [[medicina]] fundada por [[Hipócrates]].
 
Con todo, a Guerra do Peloponeso debilitara tanto o poder militar da civilización grega que estaba aberta a calquera invasión. No [[-357]], as illas foron conquistadas polo rei [[Mausolo]] de [[Caria]], no [[-340]] polos [[Persia|persas]]. Pero este segundo período de goberno persa foi case tan curto como o primeiro, e as illas convertéronse en parte do rápido crecemento do [[Reino de Macedonia|Imperio Macedonio]] de [[Alexandre o Grande]] varreu e derrotou aos persas no [[332]], para gran alivio dos habitantes das illas.
 
Tras a morte de Alexandre, as illas, e Rodas mesma, foron repartidas entre os moitos xenerais que se disputaban para sucedelo. As illas forman fortes vínculos comerciais cos [[Dinastía Tolemaicatolemaica|Tolomeostolomeos]] en [[Exipto]], e xuntos formaron a [[alianza Rodo-Exípcia]], que controlaba o comercio en todo o Exeo no século [[-3|3 a,C.]]. Liderados por Rodas, as illas convertéronse en centros culturais marítimos e comerciais: moedas de Rodas circulaban por todo o Mediterráneo, e as escolas das illas de filosofía, literatura e retórica eran famosas. O [[Coloso de Rodas]], construído no ano [[-304]], era talvez o mellor símbolo da súa riqueza e poder.
 
No [[-164]], Rodas asinou un tratado con [[Roma]], e as illas convertéronse en aliadas en maior ou menor medida do [[Imperio Romano]], mentres que na súa maioría o mantiñan a súa autonomía. Rodas converteuse rapidamente no principal centro escolar para as familias nobres romanas, e, como as illas (principalmente Rodas) foron importantes aliadas de Roma, gozaron de numerosos privilexios e de relacións amigables. Estas perdéronse no 42 aC, na confusión tras o asasinato de [[Xulio César]] no [[-44]], despois de que [[Caio Casio Longino|Casio]] invadiu e saqueou as illas. A partir de entón, convertéronse en parte do Imperio Romano. [[Tito Flavio Sabino Vespasiano|Tito]] fixo de Rodas capital da ''Provincia Insularum'' e, finalmente, as illas uníronse con [[illa de Creta|Creta]] como parte da provincia 18 do Imperio Romano.