GP2: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Completáronse as tempadas ata a actual, con contido traducido das versións en inglés e en francés.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadíronse ficheiros de imaxe.
Liña 1:
[[Ficheiro:GP2 Logo.svg|miniatura|Logotipo da competición GP2 Series]]
'''GP2 Series''' ('''GP2''', para abreviar) é unha competición [[automobilismo|automobilística]] creada en [[2005]] para substituír o ata entón "trampolín" da [[Fórmula 1]], a [[Fórmula 3000]]. Deseñada para facer carreiras igualadas entre os equipos e un adestramento ideal para a vida na Fórmula 1, a GP2 obriga os equipos a usar o mesmo chasis, o mesmo motor e os mesmos [[Pneumático|pneumáticos]], para que sea demostre a habilidade do piloto.
 
==O monopraza==
[[Ficheiro:Christian Bakkerud 2008 GP2 Series Asia Bahrain.jpg|miniatura|Christian Bakkerud na tempada 2008, no circuíto de Bahrain]]
Todos os equipos usan o mesmo monopraza, cun chasis de [[Dallara]] empuxado por un motor V8 de [[Renault]] e pneumáticos [[Bridgestone]].
 
Liña 22 ⟶ 24:
 
==Fin de semana==
[[Ficheiro:Marcus Ericcson GP2 winner at Spa Francorchamps 2012.jpg|miniatura|Marcus Ericcson, gañador de GP2 en Spa na tempada de 2012]]
 
O venres teñen 30 minutos de adestramentos libres e outros 30 minutos de clasificación. A sesión de clasificación decide a orde da grella para a carreira do sábado, que ten unha lonxitude de 180 [[Quilómetro|quilómetros]].
 
Liña 53 ⟶ 55:
 
===2007===
A [[tempada 2007 de GP2 Series]] comezou no [[Circuíto Internacional de Bahrain]] o 13 de abril e terminou no CircuitoCircuíto Ricardo Tormo o 30 de setembro. Houbo 11 grandes premios e 21 carreiras (11 longas e 10 curtas). Gañou este campeonato o alemán [[Timo Glock]], seguido de preto por [[Lucas di Grassi]]. O campionato decidiuse na derradeira rolda, na que Glock se proclamou campión nunha nefasta fin de semana para di Grassi. O campionato de equipos foi para iSport International.
 
=== 2008 ===
[[Ficheiro:Luca Filippi 2008 GP2 Valencia.jpg|miniatura|Luca Filippi na competición de 2008, no circuíto de Valencia]]
A [[tempada 2008 de GP2 Series]] comezou no [[Circuíto de Barcelona-Cataluña|Circuíto de Cataluña]] o 26 de abril e rematou no Autodromo Nazionale Monza de Monza (Italia) o 14 de setembro. Houbo 10 datas e 20 carreiras (10 longas e 10 curtas). O gañador desta tempada foi [[Giorgio Pantano]], que gañou unha tempada marcada pola igualdade dos pilotos punteiros, xa que os cinco primeiros pilotos da clasificación estaban só en 15 puntos de diferenza; concretamente, o 2º e o 5º da clasificación separábanse só catro puntos. Algo parecido pasou no campionato de equipos, que foi para Barwa Campos Team con oito puntos sobre iSport International e 11 puntos sobre Piquet Sports.