GP2: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Arranxos lingüísticos. / Ligazóns internas.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Actualizouse o contido procedente da versión en castelán do artigo (tempadas 2007 a 2011).
Liña 53:
 
===2007===
A [[tempada 2007 de GP2 Series]] comezou no [[Circuíto Internacional de Bahrain]] o 13 de abril e terminou no Circuito Ricardo Tormo o 30 de setembro. Houbo 11 grandes premios e 21 carreiras (11 longas e 10 curtas). Gañou este campeonato o alemán [[Timo Glock]], seguido de preto por [[Lucas di Grassi]]. O campionato decidiuse na derradeira rolda, na que Glock se proclamou campión nunha nefasta fin de semana para di Grassi. O campionato de equipos foi para iSport International.
A [[Tempada 2007 de GP2 Series]] comezou o [[13 de abril]] no [[Circuíto Internacional de Bahrain]] e finalizou o [[30 de setembro]] no Circuíto Ricardo Tormo de Cheste.
 
=== 2008 ===
A [[tempada 2008 de GP2 Series]] comezou no [[Circuíto de Barcelona-Cataluña|Circuíto de Cataluña]] o 26 de abril e rematou no Autodromo Nazionale Monza de Monza (Italia) o 14 de setembro. Houbo 10 datas e 20 carreiras (10 longas e 10 curtas). O gañador desta tempada foi [[Giorgio Pantano]], que gañou unha tempada marcada pola igualdade dos pilotos punteiros, xa que os cinco primeiros pilotos da clasificación estaban só en 15 puntos de diferenza; concretamente, o 2º e o 5º da clasificación separábanse só catro puntos. Algo parecido pasou no campionato de equipos, que foi para Barwa Campos Team con oito puntos sobre iSport International e 11 puntos sobre Piquet Sports.
 
=== 2009 ===
A [[tempada 2009 de GP2 Series]] foi a quinta edición da competición principal de GP2. O gañador desta tempada foi [[Nico Hülkenberg|Nico Hulkenberg]], dominador a partir da metade da competición. A 25 puntos terminou [[Vitali Petrov|Vitaly Petrov]], cunha destacada actuación de [[Romain Grosjean]], que quedou cuarto malia non disputar a metade da tempada ao irse á Fórmula 1.
 
=== 2010 ===
Na [[tempada 2010 de GP2 Series]] resultou gañador [[Pastor Maldonado]], quen marcou ese ano o récord de maior número de vitorias nunha mesma tempada con seis, superando pilotos como Lewis Hamilton, Giorgio Pantano, Nico Rosberg, Timo Glock e Nico Hülkenberg, que estiveron só un ano nesta categoría. Pastor Maldonado coroouse campión de GP2 Series, logo de tres anos nos que os seus resultados non foron nada bos, no Circuíto de Monza, faltando dúas datas para finalizar a tempada. O mexicano [[Sergio Pérez Mendoza|Sergio Pérez]] foi subcampión.
 
=== 2011 ===
Na grella da [[tempada 2011 de GP2 Series]] cómpre salientar pilotos como Romain Grosjean, [[Giedo van der Garde]] e [[Jules Bianchi]]. Despois dun ciclo de tres anos, nesta tempada introduciuse un novo chasís, o Dallara GP2/11, fabricado polo construtor italiano Dallara.​ o subministrador do campionato pasa de Bridgestone a Pirelli para o período [[2011]]–[[2013]],​ usando os mesmos [[Pneumáticos de Fórmula 1|pneumáticos que a Fórmula 1]].​ Esta tempada tamén viu dous novos equipos: Carlin e Team Air Asia.​ O 27 de agosto de 2011, Romain Grosjean convertíase en matematicamente campión da GP2 2011 cando aínda faltaban tres carreiras puntuables, cun terceiro posto na carreira de [[Bélxica]] ([[Circuíto de Spa-Francorchamps|Spa]]). Barwa Addax coroouse como campión de equipos.
 
==Dereitos de televisión==