Miguel de Cervantes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
m →‎Traxectoria: Filipe II de España
Liña 34:
Non hai datos precisos sobre os primeiros estudos de Miguel de Cervantes que, sen dúbida, non chegaron a ser universitarios. Parece ser que puido estudar en [[Valladolid]], [[Córdoba, España|Córdoba]] ou [[Sevilla]]. Tamén é posíbel que estudara na Compañía de Xesús, xa que na novela ''O coloquio dos cans'' elabora unha descrición dun colexio de xesuítas que parece unha alusión da súa vida estudantil.
 
En [[1566]], establécese en [[Madrid]]. Asiste ó Estudo da Vela, rexentado polo catedrático de gramática [[Juan López de Hoyos]], quen en [[1569]] publicou un libro sobre a enfermidade e morte da reina dona [[Isabel de Valois]], a terceira esposa de [[Filipe II de España|Filipe II]]. López de Hoyos inclúe nese libro tres poesías de Cervantes, ''o noso caro e amado discípulo''. Esas son as súas primeiras manifestacións literarias.
Nestes anos Cervantes afeccionouse ó teatro vendo as representacións de [[Lope de Rueda]] e, segundo declara na segunda parte de ''Don Quixote'', ó parecer por boca da personaxe principal, "íanselle os ollos tras a farándula".