Paio Gómez de Soutomaior: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Sen resumo de edición
Liña 6:
{{Cita|...Houbo un fillo que se chamou Paio Gómez, moi boa persoa, home esforzado, cordo, discreto, e benquerido do rei; foi por embaixador ao gran Tamburabeque ([[Tamerlán]])"<ref name="ReferenceA">''Relación dalgunhas casas e liñaxes do reino de Galiza'' Vasco da Ponte. Toxosoutos, 2008</ref>}}
 
Tanto Diego Álvarez como o herdeiro Paio Gómez foron os primeiros e sucesivos señores da casa de Lantañón, escindida do tronco principal dos Soutomaior. Paio tivo un só irmán, Xoán Fernández de Soutomaior, probabelmente de morte temperá. Contra o que se escribiu reiteradamente, nunca foi Paio Gómez [[mariscal]] de [[Castela]], dignidade que si ostentou seu fillo [[Suero Gómez de Soutomaior]]. En canto á condición de cabaleiro da orde da Banda, só o sería por herdanza, en canto que seu pai recibiu tal orde de [[Afonso XI de Castela]]. Paio Gómez foi embaixador de [[Henrique III de Castela]] ante o [[Tamerlán]] cando aínda era doncel do rei, nunha viaxe probabelmente comezada en 1400 ou 1401 coa finalidade, segundo as fontes, de iniciar relación políticas, de intentar evitar que Temerlán axudase aos musulmáns da península ou incluso de rescatar dúas ou tres damas apresadas polos otománs, aínda que parece que as damas, de orixe grega, foron liberadas por Tamerlán como mostra de boa vontade. De retorno está ben documentada a súa estadía en Sevilla en 1402. Unha das damas, Anxelina, casou con [[Diego González de Contreras]], e a outra chamouse en Galiza María Gómez, aínda que tamén se alude a ela como María de Grecia, Infanta de [[Hungría]], coa que acabou casando.
[[Ficheiro:Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia. Manuscrito.pdf|miniatura|300px|page=6|Manuscrito do ''Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia'' na [[Biblioteca Nacional de España]].]]
{{Cita|Este mouro envioulle dúas sobriñas ao rei para que as casase en España; Paio Gómez indo polo camiño preñou a unha delas; cando o rei o soubo quixo degolalo, mais todos rogaron por el, e casouno o rei con ela, e mentres o rei estaba vivo non a deixou..."<ref name="ReferenceA">''Relación dalgunhas casas e liñaxes do reino de Galiza'' Vasco da Ponte. Toxosoutos, 2008</ref>}}