Lady Gregory: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 16:
|lingua = [[lingua inglesa|Inglés]] e [[lingua irlandesa|irlandés]]
}}
'''Isabella Augusta Gregory''' (nada '''Persse'''), máis coñecida coma '''Lady Gregory''', nada en Roxborough, [[Condado de Galway|Galway]] o 15 de marzo de 1852 e finada o 22 de maio de 1932, foi unha dramaturga, [[folclore|folclorista]] e directora de [[teatro]] [[pobo irlandés|irlandesa]]. Xunto a [[William Butler Yeats]] e [[Edward Martyn]] co-fundou o [[Irish Literary Theatre]] e o [[Abbey Theatre]], escribindo gran cantidade de obras curtas para ámbalas dúas compañías. Lady Gregory producíu unha serie de libros de recontos de historias tomadas da [[mitoloxía irlandesa]]. Nada baixo o seo dunha familia burguesa pro británica, rebelouse contra ela. A súa conversión ó nacionalismo cultural, evidenciada polas súas obras, considérase emblemática de moitas das loitas políticas que tiveron lugar en [[Irlanda]] durante o seu período.
 
Lady Gregory encadrouse dentro do movemento coñecido coma o [[renacemento literario irlandés]]. O seu fogar en [[Coole Park]] no [[condado de Galway]] serviu de lugar de reunión para algunhas das figuras principais deste renacemento, e o seu traballo inicial coma membro da directiva do Abbey Theatre está considerado tan importante coma as súas obras creativas para o propio desenvolvemento do teatro.