Diccionario bio-bibliográfico de escritores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Literatura galega" pola categoría "Literatura en lingua galega"; cambios estética
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 36:
Estaba prevista a publicación de forma periódica de varios apéndices coas oportunas adicións; porén, o autor faleceu pouco despois da publicación do terceiro tomo.
 
Se ben a obra foi escrita e publicada durante o [[franquismo]], época na que existía a [[censura]], é relevante a desviación na escolla dos autores e autoras, así como das obras mencionadas. Cid Fernández entende que Couceiro Freijomil tiña unha postura controvertida respecto ao [[nacionalismo galego]], negando as contribucións políticas e limitándoo á corrente cultural do rexionalismo, cunha visión idealizada dos sentimentos de "amor á terra"<ref>{{Versaleta|[[Xosé Manuel Cid Fernández|Cid Fernández, X. M.]]}} (1982): "Postura controvertida de A. Couceiro Freijomil ante o rexurdimento e extensión da conciencia nacionalista (1916-1936), en ''Boletín Auriense'' nº 12, páx. 275-297.</ref> Segundo Miguélez Carballeira, o propósito do ''Diccionario Bio-bibliográfico de escritores'' era "restaurar durante a ditadura fascista os discursos coloniais de pré-guerra sobre a Galiza"<ref>{{Versaleta|[[Helena Miguélez Carballeira|Miguélez Carballeira, H.]]}} (2014): ''Galiza, um povo sentimental?''. Santiago de Compostela, AGAL. Páx. 49.</ref>, "losos valores da identidade galega, mansa e sentimental, do velho regionalismo"<ref>{{Versaleta|[[Helena Miguélez Carballeira|Miguélez Carballeira, H.]]}} (2014): ''Galiza, um povo sentimental?''. Santiago de Compostela, AGAL. Páx. 152.</ref>. Xa na súa obra ''El idioma gallego'' (1935) Couceiro Freijomil amósase contrario a mencionar os poetas de [[vangarda]] galegos, sinalando un cisma entre "la Galicia ''saudosa''" e "la de los vates rebeldes"<ref>{{Versaleta|Couceiro Freijomil, A.}} (1935): ''El idioma gallego''. Páx. 441.</ref>
 
Omítense obras de [[Castelao]] como ''[[Sempre en Galiza]]'', e cualifícase como ''defecto'' o anticlericalismo de [[Curros Enríquez]] na obra ''[[O divino sainete]]''. De [[Darío Álvarez Limeses]], [[Alexandre Bóveda]], [[Roberto Blanco Torres]] ou [[Manuel Lustres Rivas]] entre outros dise que morreron ''por consecuencia de los sucesos nacionales''. De autores que tiveron que [[Exilio|exiliarse]] como [[Basilio Álvarez]] ou [[Gerardo Álvarez Gallego]] dise que ''[[Emigración|emigraron]]''.