Lady Gregory: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 22:
==Traxectoria==
===Primeiros anos e casamento===
Lady Gregory naceu en Roxborough, [[condado de Galway]], sendo a filla máis nova da familia burguesa Persse. A súa nai, Frances Barry, tiña lazos familiares co [[Standish O'Grady|visconde Guillamore]], e o seu fogar familiar era unhaun fincaterreo de 24&nbsp;km² situado entre [[Gort]] e [[Loughrea]], cunha casa principal que quedaría queimada posteriormente durante a [[guerra civil irlandesa]].<ref>{{harvnb|Foster|2003|p=484}}</ref> Recibíu a súa educación en casa, fortemente influenciada pola súa coidadora Mary Sheridan, unha muller [[catolicismo|católica]] e [[lingua irlandesa|falante nativa de irlandés]], quen introduciu a Gregory na historia e lendas locais.<ref>{{cita libro|apelidos1=Shrank|nome1=Bernice|apelidos2=Demastes|nome2=William|título=Irish Playwrights, 1880-1995: A Research and Production Sourcebook|lugar=Westport|editorial=Greenwood Press|ano=1997|p=108}}</ref>
 
Casou con [[William Henry Gregory|Sir William Henry Gregory]], un viúvo cunhacun fincaterreo en [[Coole Park]] preto de Gort, o 4 de marzo de 1880 na Igrexa St Matthias de [[Dublín]].<ref>{{cita libro|apelidos=Coxhead|nome=Elizabeth|título=Lady Gregory: a literary portrait|editorial=Harcourt, Brace & World|ano=1961|p=22}}</ref> Sir William, quen era 35 anos máis vello ca ela, acababa de retirarse do seu posto coma gobernador de [[Sri Lanka|Ceilán]], ademáisademais de servir en varias ocasións coma Membro do Parlamento polo condado de Galway. Era un home cunha boa educación e diversos intereses literarios e artísticos, e o fogar de Coole Park posuía unha gran biblioteca e unha extensa colección de arte. TiñaPosuía ademáistamén unha casa en [[Londres]], onde a parexaparella pasou unha cantidade de tempo considerable, organizando alí reunións semanais frecuentadas por moitas das figuras artísticas da época, incluíndo a [[Robert Browning]], [[Alfred Tennyson|Lord Tennyson]], [[John Everett Millais]] e [[Henry James]]. O seu único fillo, [[Robert Gregory]], naceu en 1881 e finou durante a [[primeira guerra mundial]] servindo coma piloto, evento que inspirou os poemas de [[William Butler Yeats]] "An Irish Airman Foresees His Death", "In Memory of Major Robert Gregory" e "Shepherd and Goatherd".<ref>{{cita web|url=http://www.wwnorton.com/college/english/nael/20century/topic_1_05/wbyeats_irish.htm|título=Representing the Great War: Texts and Contexts|páxina-web=The Norton Anthology of English Literature|data-acceso=5 de outubro de 2007}}</ref><ref>{{cita libro|apelidos=Kermode|nome=Frank|título=Romantic Image|lugar=Nova York|editorial=Vintage Books|ano=1957|p=31}}</ref>
 
===Primeiros escritos===