Irmandiños: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Casa de Sarmiento
Liña 7:
Na [[Galicia]] [[medieval]], os '''irmandiños''' eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos [[Nobreza|señores]].
 
No [[século XIV]] entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de [[Pedro I de Castela|Pedro I "o Cruel"]] e [[Henrique II de Castela|Henrique II]]. Eran os [[Osorio]] en [[Monforte de Lemos|Lemos]] e [[Sarria]], os [[Casa de Andrade|Andrade]] en [[Pontedeume]], os [[Casa dosde Sarmiento|Sarmiento]], os [[Ulloa]]s, os [[Soutomaior (homónimos)|Soutomaior]] ... Loitaban contra as institucións e despoxábanas violentamente das riquezas que lles pertencían. A época conflitiva en Galicia foi no [[século XV]]. Dos constantes conflitos sociais salientan as "Guerras Irmandiñas" que foron dúas: a primeira por parte da “[[Irmandade Fusquenlla]]”, e a segunda denominada “[[Gran Guerra Irmandiña]]”.
 
As primeiras irmandades formáronse contra o [[bispo]] [[Diego Xelmírez]]{{cómpre referencia}}, contra quen se levantaron varias veces os [[burguesía|burgueses]] e parte do clero de [[Santiago de Compostela|Compostela]] ([[1116]] e [[1140]]).