Grou: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazóns
Liña 67:
 
=== O territorio de cría ===
As parellas ocupan simultaneamente en cada rexión un [[territorio (animal)|territorio]], que, ademais de unha cantidade dabondo de alimento, debe ofrecer seguridade e tranquilidade. Os territorios son meirandes se a oferta de comida é escasa, e algunhas investigacións amosan que poden ter máis de 135 hectáreas.
Fan os niños no chan, situados en zonas húmidas, a miúdo pantanosas, no centro do territorio. En zonas reducidas non lles é posible agachar o niño detrás dalgún tipo de protección. A zona acuática escollida para a construción pode ser menor dunha hectárea o de ata 10; o fundamental é que a profundidade da auga estea entre os 30 e os 60 cm. Tamén é importante que dispoña dunha voa vista dos arredores. En casos de secas ou baixo nivel de auga, ocupan o territorio pero non fan o niño. Utilizan canas, [[xunco]]s e plantas de ribeira, que transportan camiñando ata o niño. Este pode ter mais dun metro de diámetro, e adoita estar entre dez e vinte centímetros por riba da tona da auga. Os danos causados durante a incubación e a cría son reparados continuamente.
 
Liña 92:
=== Conduta territorial ===
Dentro do [[territorio (animal)|territorio]] de cría os grous atacan ós intrusos só despois de ameazalo. A defensa e principalmente traballo dos machos, pero pode colaborar toda a familia.
Os grous da mesma categoría ameázanse entre eles enfrontándose co pescozo estricado e as plumas ourizadas, case tocándose cos bicos. En pouco tempo seguen os golpes de bico ata que un dos loitadores foxe, perseguido en voo ou á carreira polo outro, ata que é expulsado do territorio. En loitas máis intensas saltan proxectando as patas cara adiante, tratando de tripar ó adversario. A ritualización da conduta evita posibles feridas: cando unha ave dubida entre fuxir é continua-la disputa, pode utilizar tácticas dilatorias, como limpa-las plumas ou finxir que pica algo no chan. Nuns poucos casos un dos rivais pode anasarse contra o chan, co pescozo estricado e as alas abertas, nunha conduta semellante á que utilizan as aves na época de cría en caso de conflito entre as necesidades reprodutores e o acto reflexo de fuxir.