Universidade de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 38:
 
=== As reformas de Cuesta e Portocarrero ===
As liortas entre os partidarios de entregar a institución aos xesuítas, principalmente o arcebispo [[Xoán Álvarez de Toledo]], e os testamenteiros fixo que o cabido recorrese á arbitraxe de [[Filipe II de España|Filipe II]]. Este, por medio da provisión real do [[26 de xuño]] de [[1555]], encomendoulle ao doutor [[Andrés Cuesta]] o estudio e reorganización do colexio. Seguindo a encomenda organizou o Colexio de Santiago Alfeo diferenciándoo da propia Universidade. Só os colexiais do devandito colexio podían obter os graos académicos tendo que esperar á consolidación definitiva ata o [[10 de decembro]] de [[1567]], cando o Consello Real estableceu as gradacións da Universidade de Santiago de Compostela. A [[Reis de España|coroa]] foi desde entón o principal patrón da institución.
 
No ano [[1577]] solicitouse de novo a intervención da Coroa para reformar os estatutos da universidade. A consecuencia foi a visita de [[Pedro Portocarrero]] e a posterior aprobación da súa reforma en outubro de [[1588]]. Nela especificábanse mais polo miúdo as competencias e funcións dos diferentes órganos e establecíase a residencia para [[teólogo]]s e [[xurista]]s no [[Colexio Maior|colexio maior]] de Santiago Alfeo e a dos [[artista]]s no de San Xerome, deixándolle a ensinanza da [[Gramática]] á Compañía de Xesús.