Diferenzas entre revisións de «Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol»

m
→‎Historia: Filipe II de España
m (Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos)
m (→‎Historia: Filipe II de España)
O primeiro documento coñecido onde aparece citada esta parroquia correspóndese ao ano [[1087]] e pertence á colección diplomática do próximo [[Mosteiro do Couto|mosteiro de San Martiño de Xuvia]]. Durante a [[Idade Media]] e a [[Idade Moderna]], Santa Icía de Trasancos foi a cabeza ou capital do arcediagado de Trasancos.
 
O couto medieval de Santa Icía de Trasancos estaba en mans do correspondente arcediago, por canto era anexo a esta dignidade do cabido [[Mondoñedo|mindoniense]]. No ano [[1586]] o rei [[Filipe II de España|Filipe II]], despois de desamortizar este couto e incorporalo aos bens da Coroa, vendeuno ao ferrolán Xoán Yáñez de Leiro e Doza, cóengo doutoral da [[Catedral de Santiago de Compostela]]. O Dr. Yáñez de Leiro outorgou testamento no ano [[1599]], polo cal fundou vínculo e morgado sobre este couto -xunto cos de Xuvia e Caranza- así como sobre outros bens capitais, en favor do seu sobriño o capitán Pedro Yáñez de Mandiá. O couto de Santa Icía de Trasancos permaneceu durante a Idade Moderna en posesión dos descendentes do capitán Pedro Yáñez de Mandiá, logo co apelido Bermúdez de Mandiá, até a abolición do sistema [[xurisdición|xurisdicional]] co fin do [[Antigo Réxime]], no [[século XIX]].
 
== Patrimonio ==
106.187

edicións