Templo de Santalla de Bóveda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 24:
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-06.JPG|miniatura|250px|Pinturas da bóveda (lado norte).]]
 
O templo é de planta cadrada, duns 6x6 metros interiores, cunha [[nave (arquitectura)|nave]] central con [[bóveda (arquitectura)|bóveda]] de canón da que só se conservan os comezos, cubertos por pinturas sobre estuco. No centro posúe unha pequena piscina ou estanque, de aproximadamente 3x3 m e de escasa profundidade, con tres columnas ó seu redor.<ref>Que, como veremos, non conservan a colocación orixinal.</ref> Na fachada ábrese un pequeno adro con dúas columnas ''in antis''. A porta presenta [[arco (arquitectura)|arco]] de ferradura]], o máis antigo da arquitectura española.<ref>E mesmo de toda Europa, segundo o folleto explicativo do monumento editado pola Xunta de Galicia en 2008.</ref>
 
Sobre esta edificación foi levantada posteriormente unha segunda planta, actualmente desaparecida salvo un resto da parede e do comezo da bóveda superior. Esta ampliación superior explica que por veces se designe como ''cripta'' o templo orixinal.