World Wide Web: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Estatísticas: +trad. ca.wiki
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 99:
* O [[buscador]] web, no cal se introducen unha ou varias palabras chave (termos de busca) nun formulario e o buscador devolve as páxinas que coinciden con eses termos. Exemplos disto son [[Google]] ou [[Yahoo!]]. Hai buscadores específicos por áreas temáticas, outros que se insiren nunha páxina e buscan só nun lugar web concreto. Os motores semánticos, en desenvolvemento, actúan a partir de preguntas ou frases complexas e non unicamente termos chave ou etiquetas.
 
* O [[directorio web]], que contén unha lista de páxinas web, organizadas xerárquicamente por categorías. Un exemplo é o [[DMOZ|Proxecto de Directorio Aberto]].
 
Saber localizar e avaliar a información da web forma parte da [[competencia dixital]] e supón non soamente saber acceder ás páxinas interesantes (por exemplo discriminar que palabras chave serán máis beneficiosas, moverse polas diferentes ligazóns e usar o recurso adecuado en cada momento) senón discernir os datos correctos dos incorrectos.