World Wide Web: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Notas: +trad. ca.wiki
Liña 81:
 
O especificador de esquema (''<nowiki>http://</nowiki>'' ou ''<nowiki>https://</nowiki>'') dunha dirección ou [[URI]] refírese ao [[HTTP|protocolo de transferencia de hipertexto]] e ao [[HTTPS|HTTP seguro]], respectivamente, definindo o protocolo de comunicación que se utilizará para as peticións e as respostas. O protocolo HTTP é fundamental para o funcionamento da rede World Wide Web, e o [[cifrado]] HTTPS (Hypertext Transfer Protocolo sobre Secure Sockets Layer<ref>{{cita web|url=https://www.instantssl.com/ssl.html |título=Secure Sockets Layer (SSL) |data= 10 maio 2016 |dataacceso= 11 maio 2016}}</ref>) engade unha capa esencial porque a información confidencial, como os contrasinais ou a información bancaria, intercámbiase de maneira segura a través de Internet (que é unha rede pública). Moitos navegadores web tamén adoitan antepor esta información ás direccións URL se se omite.
 
== Publicar na web ==
Hai varias opcións para facerse visible na World Wide Web.
A máis sinxela son os [[blog|blogs]], un tipo de diarios persoais que se actualizan periodicamente en forma de noticias.
 
Tamén están os sistemas [[Sistema de xestión de contidos|xestores de contidos]] (CMS), que permiten crear webs bastante complexas (con [[php|linguaxe php]], javascript) cuns mínimos coñecementos de informática. Isto achegou a web a creacións que antes só as podían facer profesionais.
 
Finalmente, pódense publicar páxinas web directamente. Rexistrando un dominio, pagando o aloxamento web nun servidor, e subindo a páxina web usando [[FTP]]. Normalmente esta opción é a máis complexa.
 
==Notas==