Comarca da Terra de Soneira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Historia: lig int
Liña 27:
Os restos máis antigos que se coñecen da poboación da Terra de Soneira son do neolítico, do que se conservan [[mámoa]]s. Con todo, a pegada máis importante é da [[cultura castrexa]]. A [[romanización de Galicia|romanización]] da comarca foi máis tardía que no resto de Galicia.<ref>{{Harvnb|Lema et al.|2010|pp=73-74}}</ref>
 
A toponimia (Zas, Gomariz, Gundar…) revela a presenza de asentamentos suevos, mais a primeira mención que se conserva da comarca non chegou ata o século IX, nun documento no que o rei [[Afonso III de Asturias|Afonso III]] divide o distrito dos Coporos en dúas partes, Soneira e [[comarca de Fisterra|Nemancos]]. En 899 aparece un documento que cita o ''comisso'' (circunscrición) de Soneira. Tamén se coñece a parroquia extensa de Soneira, que dependía do [[Diocese de Iria|bispo de Iria]]. Este territorio abranguía a comarca actual máis os concellos de Laxe e parte de Cabana.<ref>{{Harvnb|Lema et al.|2010|pp=77-78}}</ref>
 
Durante a Idade Media a Terra de Soneira viu as loitas polo poder entre o [[Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela|arcebispo de Compostela]] e algunhas das principais familias galegas da época, os [[Casa de Traba|Traba]], os [[Mariño de Lobeira|Mariño]] ou os [[casa de Moscoso|Moscoso]]. En 1554 creouse a xurisdición señorial de Vimianzo, gobernada por un meiriño nomeado polo conde de Altamira.<ref>{{Harvnb|Lema et al.|2010|pp=78-87}}</ref>