World Wide Web: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 50:
A visualización dunha [[páxina web]] normalmente empeza cando o usuario introduce a través do teclado unha [[Uniform Resource Locator|URL]] no [[navegador web]] ou ben cando segue unha hiperligazón desa páxina ou recurso. A continuación a navegador web comeza unha serie de procesos intercambiando mensaxes non visibles para conseguir a páxina e mostrala. En primeiro lugar, a parte do URL que contén o nome do servidor que contén a páxina tradúcese a un [[enderezo IP]] mediante a utilización dunha base de datos distribuída globalmente que contén as equivalencias [[Dominio de Internet|dominio]] - [[enderezo IP]] e que recibe o nome de [[DNS]]. Este enderezo IP é necesaria para poder contactar co [[servidor web|servidor]] ao cal se ten que enviar a consulta. Despois o navegador web pide o recurso enviando unha petición [[HTTP]] ao servidor web. No caso dunha páxina web típica pídese o texto [[HTML]] da páxina e este é interpretado inmediatamente polo navegador nun proceso de [[Analizador sintáctico|análise]] (''parsing'' en inglés) e a continuación, cando o navegador xa sabe que recursos adicionais necesitará para mostrar a páxina enteira, volve facer unha consulta HTTP pedindo as imaxes e outros recursos que formen parte da páxina (ficheiros css, javascript, applets java, etc.). As estatísticas que miden a popularidade dun lugar web baséanse en xeral no número de páxinas visitadas ou [[petición de ficheiro|peticións de ficheiros]] (''hits'' en inglés) que se fan a un servidor web.
 
Durante a recepción destes ficheiros desde o servidor web, os navegadores poden [[Motor de renderización|renderizar]] progresivamente a páxina na pantalla tal e como se especifica no seu código HTML, [[Cascading Style Sheets]] (CSS), ou outras linguaxes de páxinas web. As imaxes e outros recursos incorpóranse para reproducir a páxina web sobre a pantalla que ve o usuario. A maioría das páxinas web conteñen [[Ligazón (informática)hiperligazón|ligazóns]] a outras páxinas relacionadas e ás veces a [[Descarga (informática)|ficheiros descargables]], documentos fonte, definicións e outros recursos web. Esta colección de recursos útiles interrelacionados e interconectados a través de ligazóns de hipertexto recibe o nome de información web. A primeira publicación web en Internet en novembro de 1990 creou o que [[Tim Berners-Lee]] denominou ''WorldWideWeb'', na súa forma orixinal utilizando [[CamelCase]] e que foi descartada posteriormente.<ref name="W90"/>
 
==Notas==