Abrir o menú principal

Cambios

→‎Notas: trad. ca.wiki
 
En todo o mundo fóronse creando outros [[sitio web|sitios web]] conectados a través de internet, engadindo as normas internacionais para os [[Dominio de Internet|nomes dos dominios]] e a linguaxe [[HTML]]. Desde entón Berners-Lee xogou un papel activo na orientación do desenvolvemento de estándares web (como a [[linguaxe de marcas]] en que se escriben as páxinas web), e nos últimos anos promoveu a súa visión de [[web semántica]]. A World Wide Web permitiu a difusión de información a través de [[Internet]] a través dun formato flexible e fácil de utilizar, xogando un papel importante na popularización da utilización de Internet.<ref>{{cita web|url=http://legal-dictionary.thefreedictionary.com/internet |título=Internet legal definition of Internet |editor=Free Online Law Dictionary |data= 15 xullo 2009 |obra=West's Encyclopedia of American Law, edition 2 |dataacceso=21 de novembro de 2010}}</ref> A pesar de que na linguaxe popular os dous termos confúndense, a ''World Wide Web'' non é un [[sinónimo]] de ''Internet'', senón que a web é un [[Programa informático|software]], un servizo, construído sobre Internet.<ref name=GECwww>{{cita web|url=http://www.enciclopedia.cat/fitxa_v2.jsp?ndchec=0248303&bate=world%2520Wide%2520Web |título=World Wide Web (www) |editor=Gran Enciclopèdia Catalana|dataacceso= 21 de novembro de 2010}}</ref>
 
== Funcionamento ==
A pesar de que hoxe en día os termos Internet e World Wide Web son de uso frecuente na fala cotiá como sinónimos, non son a mesma cousa. Internet é un sistema global de [[redes de ordenadores]] interconectados.<ref>{{GEC|0242027|Internet|dataacceso=21 de novembro do 2010}}</ref> Pola contra, a Web<ref name=GECwww/> é un dos servizos que se executa sobre a rede de Internet. É unha colección de documentos interconectados e outros recursos, unidos por hiperligazóns e direccións [[Uniform Resource Locator]]. En resumo, a Web é un [[software]] que funciona sobre Internet.<ref>{{cita web|título=The W3C Technology Stack|url=http://www.w3.org/consortium/technology|editor=World Wide Web Consortium|dataacceso=21 de novembro de 2010}}</ref>
 
A visualización dunha [[páxina web]] normalmente empeza cando o usuario introduce a través do teclado unha [[Uniform Resource Locator|URL]] no [[navegador web]] ou ben cando segue unha hiperligazón desa páxina ou recurso. A continuación a navegador web comeza unha serie de procesos intercambiando mensaxes non visibles para conseguir a páxina e mostrala. En primeiro lugar, a parte do URL que contén o nome do servidor que contén a páxina tradúcese a unha [[dirección IP]] mediante a utilización dunha base de datos distribuída globalmente que contén as equivalencias [[Dominio de Internet|dominio]] - [[dirección IP]] e que recibe o nome de [[DNS]]. Esta dirección IP é necesaria para poder contactar co [[servidor web|servidor]] ao cal se ten que enviar a consulta. Despois o navegador web pide o recurso enviando unha petición [[Hypertext Transfer Protocolo|HTTP]] ao servidor web. No caso dunha páxina web típica pídese o texto [[HTML]] da páxina e este é interpretado inmediatamente polo navegador nun proceso de [[Analizador sintáctico|análise]] (''parsing'' en inglés) e a continuación, cando o navegador xa sabe que recursos adicionais necesitará para mostrar a páxina enteira, volve facer unha consulta HTTP pedindo as imaxes e outros recursos que formen parte da páxina (ficheiros css, javascript, applets java, etc.). As estatísticas que miden a popularidade dun lugar web baséanse en xeral no número de páxinas visitadas ou [[petición de ficheiro|peticións de ficheiros]] (''hits'' en inglés) que se fan a un servidor web.
 
Durante a recepción destes ficheiros desde o servidor web, os navegadores poden [[Motor de renderización|renderizar]] progresivamente a páxina na pantalla tal e como se especifica no seu código HTML, [[Cascading Style Sheets]] (CSS), ou outras linguaxes de páxinas web. As imaxes e outros recursos incorpóranse para reproducir a páxina web sobre a pantalla que ve o usuario. A maioría das páxinas web conteñen [[Ligazón (informática)|ligazóns]] a outras páxinas relacionadas e ás veces a [[Descarga (informática)|ficheiros descargables]], documentos fonte, definicións e outros recursos web. Esta colección de recursos útiles interrelacionados e interconectados a través de ligazóns de hipertexto recibe o nome de información web. A primeira publicación web en Internet en novembro de 1990 creou o que [[Tim Berners-Lee]] denominou ''WorldWideWeb'', na súa forma orixinal utilizando [[CamelCase]] e que foi descartada posteriormente.<ref name="W90"/>
 
==Notas==