World Wide Web: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 37:
O World Wide Web tiña algunhas diferenzas respecto doutros sistemas de hipertexto que existían na época. A Web só require ligazóns unidireccionais no canto das bidireccionais e isto facía posible ligar outro recurso sen necesidade de ningunha acción por parte do propietario deste recurso. En comparación cos sistemas anteriores tamén se reduciu significativamente a dificultade de poñer en funcionamento servidores web e navegadores, pero á súa vez presentaba o problema crónico da ''ligazón rota'' (Ligazóns que apuntan a páxinas que xa non existen). A diferenza de predecesores como o [[HyperCard]], o World Wide Web non era un [[Software de propietario|software privativo]], o que permitía o desenvolvemento de servidores e clientes de maneira independente ademais de engadir extensións sen restricións de [[Licenza de software|licenza]].
 
O [[30 de abril]] de [[1993]], o [[CERN]] anunciou que o World Wide Web sería de [[dominio público]], libre para todo o mundo sen necesidade de pagar ningún tipo de dereito.<ref>{{cita web|url=http://tenyears-www.web.cern.ch/tenyears-www/welcome.html |título=Ten Years Public Domain for the Original Web Software |editor=Tenyears-www.web.cern.ch |data= 30 abril 2003 |dataacceso= 27 xullo 2009}}</ref> Dous meses antes, a Universidade de Minesota anunciou que o protocolo [[Gopher]] deixaba de ser libre<ref>[http://www.funet.fi/pub/vms/networking/gopher/gopher-software-licensing-policy.ancient University of Minnesota Gopher software licensing policy]</ref> e había que pagar pola súa utilización, isto provocou un movemento de cambio cara á web en detrimento de Gopher. Un dos primeiros navegadores que logrou gran popularidade foi o ViolaWWW, que se baseaba no HyperCard.
 
Os estudiosos están de acordo en que houbo un punto de inflexión na historia da World Wide Web en 1993<ref>{{cita web|url=http://livinginternet.com/w/wi_mosaic.htm |título=Mosaic Web Browser History - NCSA, Marc Andreessen, Eric Bina |editor=Livinginternet.com |data= |dataacceso=19 de novembro de 2010}}</ref> coa aparición dun [[navegador web]] chamado [[Mosaic]],<ref>{{cita web|url=http://totic.org/nscp/demodoc/demo.html |título=NCSA Mosaicc - September 10, 1993 Demo |editor=Totic.org |data= |dataacceso=19 de novembro de 2010 }}</ref> un navegador gráfico desenvolvido por un equipo do ''National Center for Supercomputing Applications'' (Centro Nacional para Aplicacións de Supercomputación) da Universidade de Illinois (NCSA-UIUC) dirixido por [[Marc Andreessen]]. O financiamento para o ''mosaic'' chegou da ''High-Performance Computing and Communications Initiative'', un programa de financiamento iniciado grazas á lei dos [[Estados Unidos]] coñecida como ''High Performance Computing and Communication Act of 1991'', promovida polo entón [[Senado dos Estados Unidos|senador]] [[Al Gore]].<ref>{{cita web|url=http://cs.washington.edu/homes/lazowska/faculty.lecture/innovation/gore.html |título=Vice President Al Gore's ENIAC Anniversary Speech |editor=Cs.washington.edu |data= 14 febreiro 1996 |dataacceso=19 de novembro de 2010}}</ref> Antes do lanzamento de Mosaic, non era habitual mesturar os gráficos co texto nas páxinas web e a popularidade da web era menor que a doutros protocolos utilizados a Internet naquela época, por exemplo o Gopher ou o WAIS (''Wide area information server'' ou servidor de información de área extensa). A [[interface gráfica de usuario]] de Mosaic permitiu á Web chegar a ser, con moita diferenza, o protocolo de Internet máis popular.