Abrir o menú principal

Cambios

Os estudiosos están de acordo en que houbo un punto de inflexión na historia da World Wide Web en 1993<ref>{{cita web|url=http://livinginternet.com/w/wi_mosaic.htm |título=Mosaic Web Browser History - NCSA, Marc Andreessen, Eric Bina |editor=Livinginternet.com |data= |dataacceso=19 de novembro de 2010}}</ref> coa aparición dun [[navegador web]] chamado [[Mosaic]],<ref>{{cita web|url=http://totic.org/nscp/demodoc/demo.html |título=NCSA Mosaicc - September 10, 1993 Demo |editor=Totic.org |data= |dataacceso=19 de novembro de 2010 }}</ref> un navegador gráfico desenvolvido por un equipo do ''National Center for Supercomputing Applications'' (Centro Nacional para Aplicacións de Supercomputación) da Universidade de Illinois (NCSA-UIUC) dirixido por [[Marc Andreessen]]. O financiamento para o ''mosaic'' chegou da ''High-Performance Computing and Communications Initiative'', un programa de financiamento iniciado grazas á lei dos [[Estados Unidos]] coñecida como ''High Performance Computing and Communication Act of 1991'', promovida polo entón [[Senado dos Estados Unidos|senador]] [[Al Gore]].<ref>{{cita web|url=http://cs.washington.edu/homes/lazowska/faculty.lecture/innovation/gore.html |título=Vice President Al Gore's ENIAC Anniversary Speech |editor=Cs.washington.edu |data= 14 febreiro 1996 |dataacceso=19 de novembro de 2010}}</ref> Antes do lanzamento de Mosaic, non era habitual mesturar os gráficos co texto nas páxinas web e a popularidade da web era menor que a doutros protocolos utilizados a Internet naquela época, por exemplo o Gopher ou o WAIS (''Wide area information server'' ou servidor de información de área extensa). A [[interface gráfica de usuario]] de Mosaic permitiu á Web chegar a ser, con moita diferenza, o protocolo de Internet máis popular.
 
O [[World Wide Web Consortium]] (W3C) foi fundado por Tim Berners-Lee en outubro de [[1994]] despois de abandonar o CERN. Este organismo e o seu sitio web foron fundados no Laboratorio de Ciencias da Computación do [[Massachusetts Institute of Technology]] (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) (MIT/LCS) co apoio da [[Axencia de Investigación de Proxectos Avanzados de Defensa]] (DARPA, do inglés ''Defense Advanced Research Projects Agency''), que foi pioneira en [[Internet]]; un ano máis tarde fundouse o ''Institut national de recherche en informatique et en automatique'' ou INRIA (un laboratorio francés de investigación informática) co apoio da Dirección xeral da Sociedade da Información e os Medios de comunicación da [[Comisión Europea]]; e en 1996 creouse un terceiro organismo en [[Xapón]], na Universidade de Keio. A finais de 1994, a pesar de que o número total de lugaressitios web seguía sendo ínfimo en comparación coas cifras actuais, xa había un bo número de webs notables en funcionamento, moitas das cales son as precursoras ou serviron de inspiración para os servizos máis populares da actualidade.
 
En todo o mundo fóronse creando outros [[Lugarsitio web|lugaressitios web]] conectados a través de internet, engadindo as normas internacionais para os [[Dominio de Internet|nomes dos dominios]] e a linguaxe [[HTML]]. Desde entón Berners-Lee xogou un papel activo na orientación do desenvolvemento de estándares web (como a [[linguaxe de marcas]] en que se escriben as páxinas web), e nos últimos anos promoveu a súa visión de [[web semántica]]. A World Wide Web permitiu a difusión de información a través de [[Internet]] a través dun formato flexible e fácil de utilizar, xogando un papel importante na popularización da utilización de Internet.<ref>{{cita web|url=http://legal-dictionary.thefreedictionary.com/internet |título=Internet legal definition of Internet |editor=Free Online Law Dictionary |data= 15 xullo 2009 |obra=West's Encyclopedia of American Law, edition 2 |dataacceso=21 de novembro de 2010}}</ref> A pesar de que na linguaxe popular os dous termos confúndense, a ''World Wide Web'' non é un [[sinónimo]] de ''Internet'', senón que a web é un [[Programa informático|software]], un servizo, construído sobre Internet.<ref name=GECwww>{{cita web|url=http://www.enciclopedia.cat/fitxa_v2.jsp?ndchec=0248303&bate=world%2520Wide%2520Web |título=World Wide Web (www) |editor=Gran Enciclopèdia Catalana|dataacceso= 21 de novembro de 2010}}</ref>
 
==Notas==