World Wide Web: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 33:
<ref name=NMR>Wardrip-Fruin, Noah e Nick Montfort, ed (2003). The New Media Reader. The MIT Press. ISBN 0-262-23227-8.</ref>
 
O avance de Berners-Lee consistiu a incorporar o hipertexto en Internet. No seu libro ''Weaving The Web'' (Tecendo a web), explica que el suxerira repetidamente que a unión entre as dúas tecnoloxías era posible para os técnicos de ambas, pero dado que ninguén aceptou a súa invitación finalmente decidiuse a desenvolver o seu propio proxecto. Durante o proceso desenvolveu un sistema de identificadores globais únicos para os recursos no sistema web e noutros lugares: o ''Universal Document Identifier'' (UDI) ou Identificador Universal de Documentos, que máis tarde sería coñecido como [[Uniform Resource Locator]] (URL) ou localizador uniforme de recursos e o [[URI|Uniform Resource Identifier]] (URI) ou identificador uniforme de recursos; a linguaxe de edición e publicación o [[HTML|Hyper Text Markup Language]] (HTML) ou linguaxe de marcado de hipertexto, e o [[protocolo de transferencia de hipertexto]] (HTTP do inglés ''HyperText Transfer Protocol'').<ref>{{cita web|título=Inventor of the Week Arquive: The World Wide Web|url=http://web.mit.edu/invent/iow/berners-Lee.html|editor=[[Massachusetts Institute of Technology]]: MIT School of Engineering|dataacceso=20 de novembro de 2010}}</ref>
 
O World Wide Web tiña algunhas diferenzas respecto doutros sistemas de hipertexto que existían na época. A Web só require ligazóns unidireccionais no canto das bidireccionais e isto facía posible ligar outro recurso sen necesidade de ningunha acción por parte do propietario deste recurso. En comparación cos sistemas anteriores tamén se reduciu significativamente a dificultade de poñer en funcionamento servidores web e navegadores, pero á súa vez presentaba o problema crónico da ''ligazón rota'' (Ligazóns que apuntan a páxinas que xa non existen). A diferenza de predecesores como o [[HyperCard]], o World Wide Web non era un [[Software de propietario|software privativo]], o que permitía o desenvolvemento de [[Cliente-servidor|servidores e clientes]] de maneira independente ademais de engadir extensións sen restricións de [[Licenza de software|licenza]].