Abrir o menú principal

Cambios

Un computador [[NeXT]]cube foi utilizado en 1990 por Berners-Lee como o primeiro [[servidor web]] e tamén para escribir o primeiro [[navegador web]], o ''WorldWideWeb''<ref name="faq-www">{{cita web|título=The WorldWideWeb browser|url=http://www.w3.org/people/berners-Lee/worldwideweb|editor=World Wide Web Consortium|dataacceso=28 de outubro de 2010|nome=Tim|apelido=Berners-Lee}}</ref> (máis tarde rebautizado como Nexus<ref name="faq-www"/> para evitar confusións). No [[Nadal]] de 1990, Berners-Lee creara todas as ferramentas necesarias para un sistema web funcional:<ref>{{cita web|url=http://w3.org/people/berners-Lee/worldwideweb |título=Tim Berners-Lee: cliente |editor=W3.org |data= |dataacceso=28 de outubro de 2010}}</ref> a navegador web (que tamén era un editor web), o primeiro servidor web e as primeiras páxinas web,<ref>{{cita web|url=http://w3.org/history/19921103-hypertext/hypertext/www/theproject.html |título=First Web pages |editor=W3.org |data= |dataacceso=28 de outubro de 2010}}</ref> que describían o mesmo proxecto. O [[6 de agosto]] de [[1991]] publicou un breve resumo do proxecto World Wide Web no [[grupo de discusión]] (''newsgroup'') <tt>alto.hypertext</tt> de [[Usenet]].<ref>{{cita web|url=http://groups.google.com/group/alt.hypertext/msg/395f282a67a1916c |título=Short summary of the World Wide Web project |editor=Groups.google.com |data= 6 agosto 1991 |dataacceso=28 de outubro de 2010}}</ref> Esta data tamén marcou o debut da Web como un servizo a disposición do público en Internet, a pesar de que os primeiros usuarios realmente conectáronse uns días máis tarde, a partir do [[23 de agosto]] (día que agora se coñece como o día do [[internauta]]).
 
O concepto fundamental subxacente do [[hipertexto]] orixinouse en proxectos máis antigos da [[década de 1960]], por exemplo o ''Hypertext Editing System'' (HES) ou Sistema de edición de hipertexto da [[Universidade de Brown]], o ''Proxecto Xanadu'' de [[Ted Nelson]] ou o ''sistema NLS'' de [[Douglas Engelbart]]. Antes de todo isto, en [[1945]], Vannevar Bush describira o [[ensaio (literatura)|ensaio]] "As We May Think"<ref>[http://graphics.cs.brown.edu/html/info/vannevar_bush.html As we may think. A Celebration of Vannevar Bush's 1945 Vision]</ref> un dispositivo chamado "[[Memex]]", que imaxinou en forma de [[Microfilme]] persoal para almacenar libros, enciclopedias, etc. Douglas Engelbart inspirouse neste documento para crear o concepto de [[Ligazón (Informática)|hiperligazón]].
<ref name=NMR>Wardrip-Fruin, Noah e Nick Montfort, ed (2003). The New Media Reader. The MIT Press. ISBN 0-262-23227-8.</ref>