Luteranismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:LutherRose.jpg|miniatura]]
O '''luteranismo''' é o movemento relixioso [[cristianismo|cristián]] que comezou coas ensinanzas teolóxicas de [[Martiño Lutero]] no século XVI que serviron de base á [[Reforma protestante]] que conduciu á súa separación da [[igrexa católica]] e a formación do [[protestantismo]]. A certeza bíblica que tivo de que [[Deus]] non xulga as persoas polas súas obras, boas ou malas, senón máis ben a causa da súa [[fe (relixión)|fe]], proporciona a Lutero a raiz fundamental do seu pensamento. eAsí, así po luteranismo inspírase en tres principios angulares,: a xustificación pola fe, o sacerdocio universal e a autoridade da [[Biblia]].
 
O ataque comezado por Lutero baséase no concepto de xustificación pola fe, que negaba toda teoría romana sobre os méritos da salvación e a mediación dos santos. Denunciou tamén as que consideraba falsas seguridades de salvación ofrecidas por Roma a través da venda de [[indulxencia]]s e a obtención dos perdóns.
Liña 8:
A data simbólica da reforma foi o [[31 de outubro]] de [[1517]] e para 1555 o luteranismo estaba firmemente asentado no norte, centro e leste de [[Alemaña]], en [[Escandinavia]], [[Letonia]], [[Bohemia]] e [[Transilvania]] e a [[contrarreforma]] católica impediu que se establecera ou expulsou o luteranismo de gran parte do leste e o sur de Europa.
 
No século XVII en paralelo no luteranismo apareceron dúas tendencias contrapostas, o sincretismo que se circunscribía á teoloxía e que avogaba por unha concordíaconcordia entre as igrexas, distinguindo entre verdades fundamentais que eran patrimonio de todas as confesións e secundarias, a outra tendencia foi o [[pietismo]] que avogaba por un reavivamento da relixiosidade popular combinando a énfase luterana na doutrina bíblica coa énfase puritana na piedade individual e unha vida cristiá vigorosa.
 
Na actualidade hai setenta millóns de fieis membros de igrexas luteranas que se agrupan en tres asociacións de igrexas luteranas, a [[Federación Luterana Internacional]] (66 millóns de fieis), o [[Consello Luterano Internacional]] e a [[Conferencia Evanxélica de Confesión Luterana]], asemade catrocentos millóns de protestantes teñen a súa orixe na doutrina de Lutero.