Abrir o menú principal

Cambios

|lingua = inglés
|isbn = 1-58799-018-0
}}</ref> propuxo un sistema de [[hipertexto]] organizado en ''web'' para mellorar o intercambio de información entre os seus investigadores (''Information Management: A Proposal''<ref name="proposal">[[Tim Berners-Lee]], [http://www.w3.org/history/1989/proposal.html {{lang|en|''Information Management: A Proposal''}}], [[Organización Europea para a Investigación Nuclear|CERN]], [Consultado o 28 de outubro de 2010]</ref>) baseado nun proxecto chamado ENQUIRE que fixera en [[1980]]. Coa axuda de [[Robert Cailliau]], o [[12 de novembro]] de [[1990]] publicou unha proposta máis formal para construír un sistema ''hipertexto'' chamado ''WorldWideWeb'' como unha ''web'' de ''documentos de hipertexto'' para ser visualizados a través dun ''[[navegador web]]'' utilizando unha [[Arquitectura (informática)|arquitectura]] [[Arquitectura cliente-servidor|cliente-servidor]].<ref name="W90">"{{cita web|url=http://w3.org/proposal.html |título=WorldWideWeb: Proposal for a hypertexts Project |nome1=Tim |apelido1=Berners-Lee |authorlink1=Tim Berners-Lee |nome2=Robert |apelido2=Cailliau |authorlink2=Robert Cailliau|data= 12 novembro 1990 |dataacceso=28 de outubro de 2010}}</ref><ref>{{cita web|autor=Berners-Lee, Tim|título=Pre-W3C Web and Internet Background|url=http://w3.org/2004/talks/w3c10-howitallstarted/?n=15|editor=World Wide Web Consortium|dataacceso=28 de outubro de 2010}}</ref> Esta proposta consideraba unha rede de só lectura que se desenvolvería nuns tres meses e que se necesitarían seis meses para conseguir "a creación de novos vínculos e novos materiais polos lectores, [de forma que] a autoría sería universal", así como "a notificación automática aos lectores cando haxa dispoñible novo material do seu interese".
 
O modelo da proposta fora construído utilizando ''DynaText'', un lector de documentos [[Standard Generalized Markup Language|SGML]] creado por ''Electronic Book Technology'', unha ''spin-off'' do ''Institute for Research in Information and Scholarship'' da [[Universidade de Brown]] ([[Providence (Rhode Island)|Providence]], [[Rhode Island]]). O sistema DynaText, do que o CERN adquirira licenzas, era tecnicamente avanzado e xogou un papel chave na ampliación do ''SGML ISO 8879:1986'' a ''Hypermedia'' dentro de ''HyTime'' (ISO 10744:1992), pero foi considerado demasiado caro e tiña unha política de licenzas inadecuada para o seu uso pola comunidade dos [[Física de partículas|físicos de partículas]] de altas enerxías, cunha taxa por cada documento e cada modificación.